Hoxe a biblio de infantil e primaria abre as súas portas dun xeito diferente. Non poderemos visitar a biblio libremente coma viña sendo de costume no tempo de lecer do comedor debido á situación na que nos atopamos. Pero... LIBRATO non quixo que os nenos e nenas do Ponte quedasen sen disfrutar do pracer da lectura e... tivo unha idea!!! Preparou unhas caixas superchulas para cada aula de primaria e unhas maletas para infantil e estableceu turnos para visitar a biblio por grupos-clase.
Hoxe foi a entrega de caixas, acompañadas dunha carta explicando o protocolo da biblio para este curso 2020-2021.
Ningún comentario:
Publicar un comentario