12 febreiro 2026

Día do cancro infantil

O vindeiro día 15 é o día do cancro infantil. Como estamos de vacacións, hoxe cumprimos co mandadiño de onte do Meco e a Asociación de loita contra o Cancro Infantil (ASANOG) que nos mandou  traer un detalle dourado e facer un gran lazo dourado. Onte o tempo non nolo permitiu pero hoxe sí e fixmeos o noso gran lazo en apoios a todos os nenos e nenas que están a pasar esta enfermidade. E tamén puxemos un tatoo na man, un agasallo de ASANOG


05 febreiro 2026

03 febreiro 2026

Mochilas viaxeiras en acción

 Xa hai uns meses que as mochilas andan polas casas. E o que nos está chegando non pode ser máis satisfactorio para nós. Mirade, mirade con que ilusión contan os máis peques aos demáis compañeiros a súa gran aventura literaria. 


Día da Lingua Materna

 Achégase o DÍA DA LINGUA MATERNA. Dentro do noso PDI "A maxia dos nosos montes" estamos a facer unha actividade chulísima que leva por título O MONTE FALA GALEGO. 

Fixemos un mural dun monte, os nosos voluntarios e usuarios da biblio déronlle cor. Logo buscamos os nomes das árbores, follas, plantas, animais,... do monte en galego e quedounos chulísimo. 



02 febreiro 2026

Tempo de Entroido en Milfollas

 Estes días recomendámoche que escollas un libro desta entantería de recomendacións de lectura, e na zona creativa podes decorar os personaxes destacados do entroido galego. Anímate!!!


ACHÉGASE O ENTROIDO

Achégase o Entroido. Iniciamos o Tempo de Entroido na biblio e creamos estes fabulosos carteis de entroido.