07 outubro 2018

Chega Librato...

Que sorpresa nos levamos hoxe ao entrar do patio.... Na entrada estaba LIBRATO, a mascota da biblio cunha carta para cada aula. Que nos contará?
Pois que a apertura da biblio está próxima, pero vén cunhas cuantas novidades que tamos que saber. 
QUE GANAS TIÑAMOS DE VERTE LIBRATO!!!!


28 setembro 2018

EL PRINCIPITO

Este ano 2018 é o 75 aniversario dunha obra clave para a literatura universal, estamos a falar de EL PRINCIPITO de Saint-Exupéry. Pois ben, neste primeiro trimestre de curso queremos facer a nosa pequena homenaxe a esta gran obra e recomendámosche que, se aínda non a liches, non deixes de facelo. Hai adaptacións para tódalas idades.
Lerémola, analizarémola, faremos traballos variados e contaremos cun espectáculo de títeres sobre dita obra. 


27 setembro 2018

Benvida a un novo curso escolar!!

Un ano máis, un curso novo aínda por explorar, experimentar, descubrir, buscar e atopar. E aquí estamos desde a biblioteca escolar para facilitar o espazo, o tempo e os obxectos que permitan que este curso...sexa ESPECIAL !!

Con moitas ganas de descubrir o agochado entre os nosos libros, os rincóns de xogos, películas, revistas e periódicos...dámosvos unha Benvida moi agarimosa e convidámosvos a gozar todos xuntos.

De momento, botade un vistazo a este pequeno vídeo titulado "Me gusta leer"


21 xuño 2018

Entrega de premios

No día de hoxe, aproveitando a festa de fin de curso, entregamos os premios que tiñamos pendentes. Aos gañadores do V Concurso de Poesía "Troitas en Verso" e a os gañadores do concurso de Carteis das Letras Galegas.

Os gañadores do concurso de poesías son: Elba (1º EP), Xoel (4º EP) e Lorena (3º ESO).
Parabéns!!!












E os gañadores do concurso de carteis: Laura (4º EP) e Xoel (2º ESO). Noraboa!!!



19 xuño 2018

Lectómetro 3º trimestre

E estes son os gañadores do Lectómetro do terceiro trimestre: José (1º EP), Saray (2º EP), Óliver (3º EP) e Lara (4º EP)
 Noraboa....!!!

Derradeiros días do curso en secundaria

Esta última semana, e para relaxarnos un pouco entre os exames finais fixeramos diferentes actividades e obradoiros creativos. E como as imaxes din máis cas palabras...deixámosvos unhas cuantas fotos e vídeos para que vexades como disfrutamos!

Actividade creativa sobre a importancia das 3R: Reciclar, reutilizar e sobre todo, reducir!!! Somos conscientes delas para intentar mellorar o noso planeta, non engadir tantos residuos e ser y estar comprometidos co medio ambiente e a vida. Nunhas cartulinas escribimos as nosas mensaxes e desexos e unímolos cun fío vermello (símbolo da unión na cultura oriental) dentro dunha iniciativa promovida polo colectivo de artesáns asturianos do "Mercado artesano y ecológico de Oviedo".







En Nadal adornarán o árbol con todas as cintas recollidas de diferentes colectivos colaboradores ao
longo de España. De momentos as colgamos no castiñeiro do noso cole!!





E a outra actividade levouse a cabo o luns pola tarde. Fixeramos un obradoiro financiado pola Deputación de A Coruña para potenciar o galego entre a mocidade, cos artistas " Monoulious Dop". Pasámolo moi ben, e aínda que ao principio estabamos un pouco tímidos e tímidas...ao final...(Darlle a ver vídeo!!)


                                                      VÍDEO 1         VIDEO 2        VIDEO 3