04 abril 2019

XOGOS DE INXENIO

Este ano recibimos un presuposto específico da Consellería de Educación para mercar libros STEAM (de ciencias, tecnoloxía, matemáticas e arte). 

O departamento de matemáticas empregou parte del en XOGOS DE INXENIO ( Othello, Torres de Hanoi, Mancala, solitarios...) que tiveron moi boa acollida. Fixeramos un par de días con grupos heteroxéneos para ler as instruccións e comezar a xogar e logo explicaron a outros compañeiros como facelo. Agora os xogos de inxenio quedan na biblioteca para collelos libremente.











24 marzo 2019

VI concurso de poesía TROITAS EN VERSO

E xa que está resolto o premio do VI Concurso de Poesía TROITAS EN VERSO.... pois amosámosvos cantas poesías recibimos e as gañadoras. 





21 marzo 2019

DIA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE DOWN


Hoxe, 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down. Este 2019 a celebración céntrase no lema "No dejar a nadie atrás". Todas as persoas con síndrome de Down deben ter a oportuniade de gozar de vidas plenas, tanto en igualdade de condicións coas demáis, como no resto de aspectos da sociedade; como se recolle na Axenda 2030 para o Desenvolvementeo Sostible da ONU- o plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade- que promete que "Ninguén quedará atrás".

No cole vimos vídeos e falamos da normalización no día a día con persoas con Síndrome de Down que coñecemos e temos preto de nós. 

Co alumnado de infantil e primaria limos e comentamos: "El cazo de Lorenzo"

Na páxina Down Galicia, podemos atopar estes principios que compartimos plenamente:


PRINCIPIOS

Diversidad. Lo normal es que seamos diferentes
Dignidad. Soy una persona
Autodeterminación. Vivo mi vida
Igualdad de oportunidades. Como ti, puedo con apoyo
Inclusión. Mi exclusión es el fracaso de todos



Vídeo "Auténticos" , con mozos que expresan os seus sentimentos, ideas, como queren ser tratados, respetados...


e este delicioso "La suerte de tenerte".

14 marzo 2019

Celebración 8 de marzo- Día da muller

Semanas en feminino...

Van enchéndose, aquí e alá, os corredores, o patio, a biblioteca, as aulas...

As nenas, as mozas, as mulleres están sempre presentes na nosa escola. As de antes e as de agora. Os nosos referentes, os nosos faros, modelos de loita e de vida en feminino...

Xurden nas exposicións de fermosos libros de arte expostos na entrada...



Aparecen mensaxes de loita polos dereitos de todas; de todas as persoas que xuntas queremos un novo siglo XXI en igualdade...


  

Lembramos e homenaxeamos ás que marcaron un antes e un despois nos seus diferentes campos de expresión, profesión, modelo de vida...




E aproveitamos para xogar con estas 100 mulleres que son un boísimo exemplo de talento en diferentes campos e que lembraremos con agarimo grazas ao "bingo" co que xogamos para unir recoñecemento e diversión! O alumnado tiña que elixir ás 10 que máis lles chamase a atención, anotar o seu nome, data, lugar de nacemento e a profesión pola que son recoñecidas. Despois só esperar que os seus números foran os elixidos. Parabéns a Xoel e Jeni polos seus premios!




 

 


AVANZAMOS CARA A UNHA NOVA ETAPA EN IGUALDADE REAL !!





05 marzo 2019

Gañadores "Namorémonos" 19

E aquí unha fotiño dos gañadores do concurso de cartas-debuxos de amor-desamor deste curso 2018-2019 recibindo o seu agasallo. Noraboa!!!

04 marzo 2019

CONCURSO CARTAS-DEBUXOS DE AMOR

Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos do concurso de "Cartas-debuxos de amor-desamor"...


Moito traballiño tivemos para elixir os gañadores, e como a tarefa non nos foi nada fácil... decidimos outorgar máis dun premio. Estes son os gañdadores. Noraboa!!!