Semanas en feminino...
Van enchéndose, aquí e alá, os corredores, o patio, a biblioteca, as aulas...
As nenas, as mozas, as mulleres están sempre presentes na nosa escola. As de antes e as de agora. Os nosos referentes, os nosos faros, modelos de loita e de vida en feminino...
Xurden nas exposicións de fermosos libros de arte expostos na entrada...
Aparecen mensaxes de loita polos dereitos de todas; de todas as persoas que xuntas queremos un novo siglo XXI en igualdade...
Lembramos e homenaxeamos ás que marcaron un antes e un despois nos seus diferentes campos de expresión, profesión, modelo de vida...
E aproveitamos para xogar con estas 100 mulleres que son un boísimo exemplo de talento en diferentes campos e que lembraremos con agarimo grazas ao "bingo" co que xogamos para unir recoñecemento e diversión! O alumnado tiña que elixir ás 10 que máis lles chamase a atención, anotar o seu nome, data, lugar de nacemento e a profesión pola que son recoñecidas. Despois só esperar que os seus números foran os elixidos. Parabéns a Xoel e Jeni polos seus premios!
AVANZAMOS CARA A UNHA NOVA ETAPA EN IGUALDADE REAL !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario