25 setembro 2023

Benvidas e benvidos a un novo curso!

 Boas rapazada, acordádesvos de min?

Si, si... son Librato e quería darvos a benvida a este novo curso 2023/2024.

Imos comezar cun segredo que me teredes que gardar todas e todos... a nosa biblioteca vai cambiar moito neste curso! 

Xa incluímos libros novos, cambiamos decoracións, mobiliario máis funcional,... Agardamos que vos guste moito!

De todos xeitos, de non ser así, sabedes que temos un buzón de suxerencias xusto na entrada, deixádenos as vosas ideas e terémolas en conta sempre que poidamos!

 

Unha aperta moi forte e... LER MOITO!

02 xuño 2023

PDI: CONTOS DO MUNDO


 Xa temos listas as nosas maletas para viaxar a través dos contos. Fomo a Italia, México, Rusia, Suecia, Suiza, Camerún, China e Reino Unido para coñecer contos como Pinocho, A cebra camila, A mosca chosca, Pipi Medias Longos, Heidi, O león Kandinga, O nacemento do Dragón e Harry Potter 










01 novembro 2022

Abrimos!!!

 Hoxe abriu a biblioteca de infantil e primaria. E fíxoo por todo o alto, xa preparada para o Samaín. E coa nosa mascota LIBRATO, cun agasallo para todos os que queiras visitalo


Concurso de Postais

 


12 outubro 2022

Día das Escritoras 2022

  "Houbo unha vez unha guerra.

       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012) 


        17 outubro 2022