Un ano máis os alumnos e alumnas de 4º de ESO que elixiron como optativa Cultura Clásica participan no concurso que organiza a Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, Odisea 2012.
Nesta edición o tema que centra o concurso é "As viaxes no mundo grecorromano".
O concurso celebrarase no mes de febreiro. Os días 6,7 e 8 de febreiro deberemos responder a tres preguntas que versarán sobre temas relacionados coa Cultura Clásica:
- 1º día as preguntas serán sobre as viaxes na mitoloxía grega e romana.
- 2º día versarán sobre as viaxes na vida cotiá en Grecia e Roma.
-3º día serán sobre as viaxes na Historia e institucións grecolatinas.
No cuarto día sairán publicadas outras "preguntas-pistas" e un "preguntón", de maior dificultade, sobre as viaxes na literatura grecolatina.
Na fase local están establecidos tres premios en metálico. Os equipos gañadores competirán entre si nunha segunda fase estatal, para a que se establece un único premio en metálico de maior cuantía.
Aquí podedes atopar os Centros de Galicia que participan no concurso:
Ánimo aos concursantes e moita sorte !!!
Ánimo chicos!!!
ResponderEliminarPuede ser vuestro!