Ola, Ola, Ola!!!
Xa comenzamos este novo curso hai uns días e aproveitamos hoxe para saludarvos!
E que mellor comenzo que a marabillosa acollida que tiveron os obradoiros e Club de Lectura que vos ofertamos na hora de Proxecto Lector. Grazas rapazas e rapaces por participar un ano máis nestes proxectos!.
Como xa sabedes, este ano temos:
-Os luns, Obradoiro de lecto-escritura con Fina, o alumnado de 1º ciclo de ESO. Parece que comenzácheis buscando sensacións e sentimentos nos libros de arte...mmm....gústame!
- Os martes, imos á "Cova das Palabras" con Rosalía e demáis profes para falar, degustar, decorar e imaxinar mundos "dun xeito diferente". Un bo comenzo coas "Lágrimas de Shiva"...esperamos os vosos comentarios a medida que avancedes na lectura.
- Os mércores é un "día-libre" para quedarse na biblioteca lendo.
- Os xoves, con Loló vos adentraréis no mundo do Teatro e a lectura dramatizada...éste é un bo ano pois, como quizás xa xaberedes está adicado, o Día das Letras Galegas, a Roberto Vidal Bolaño. Seguro que algunha das súas obras pasa polas vosas mans.
- E os venres, os do 2º ciclo de ESO van con Fina ao Obradoiro de lecto-escritura. Creo que tamén atoparán unha boa fonte de inspiración neses novos libros de arte adquiridos.
E por certo, aproveitamos para recordarvos que un ano máis seguimos no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e que, cos cartos que recibimos estamos desexando mercar eses libros que tanto vos apetece ler. Ese que vos recomendou a vosa curmá, ou ese outro que anda a ler o voso veciño e que non sae nin a xogar estes días, ou ese de animais do que falou a profe que tiña tan boa pinta....
Ánimo, pasade pola Biblio e pedilos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario