Chega o mes de Novembro, coa súa marabillosa luz de outono, as cores das follas, as lareiras, as néboas da mañá e do solpor...Collede as vosas cámaras de fotos ou móbiles e...atrapádeos!!! Xa está aquí o II Concurso de Fotografía promovido pola Biblioteca.
Este ano imos facer un por trimestre. E como novidade é que tedes dous temas a elixir para inspirarvos. Podedes presentar unha fotografía de cada un deles. Esta vez son:
- O meu mundo.
- Os sentimentos- as emocións.
Seguro que xa tedes a idea na cabeza, así que...a por ela.
As bases están expostas na porta da Biblioteca, pero lembrade que o plazo de presentación remata o 30 de Novembro.
Estamos desexando disfrutar delas e, como sabedes, as gañadoras, ademáis de recibir un pequeno agasallo quedarán expostas no corredor principal do cole de Secundaria.
A N I m á D E v o S!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario