A semana pasada reunímonos todos na Biblioteca para ver, dialogar, comentar, analizar, preguntarnos, respondernos e sobre todo escoitarnos co motivo da celebración do Día contra a violencia de xénero.
Este é o video a partir do cal xurdiu unha importante reflexión:
http://www.youtube.com/watch?v=QE1mmdQM4Bs
Comprendimos que todos "valemos" moito, que ninguen posúe a ninguen, que todos podemos, debemos e queremos ser sensibles e expresalo sen medo...que para querer a alguén tes que desexarlle o mellor, que se necesitamos axuda hai que pedila, que non hai espazo para "unha primeira" vez en canto a violencia en ningunha das súas expresións, nin física nin psicolóxica...
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario