Moito camiño queda por percorrer para que mulleres e homes aprendamos que somos diferentes pero temos os mesmos dereitos. O mesmo dereito a expresarnos, a ser, a vivir, a formarnos, a acadar postos relevantes na ciencia, na literatura, na arte, nos equipos de dirección das empresas, a elexir a vida que queremos vivir nas mesmas condicións de partida...
Desde a escola traballamos día a día a coeducación, como non podía ser doutro xeito. E hoxe, en secundaria, falamos e reflexionamos xuntos, despois de visualizar a película francesa "Fátima", gañadora do César á mellor película o ano pasado.
Deixámosvos aquí tamén o enlace a un vídeo moi interesante sobre o feminismo realizado no Politécnico de Vigo e o enlace á biblioteca escolar coruñesa Biblioviva , onde atoparedes outras reflexións moi interesantes para profundizar neste tema. O cambio está en nós, en todas e todos NÓS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario