21 febreiro 2013

LENDO A ROSALÍA...EN PRIMARIA



Mirade que marabillosa interpretación do poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro polas nosas compañeiras e compañeiros de Primaria. Da gusto ver a seguridade coa que recitan e interpretan!!

 Parabéns!!!

http://www.youtube.com/watch?v=wKh08ih-6vk

20 febreiro 2013

ROSALÍA de Castro e "Cantares Gallegos"

Estimado alumnado,

Rematada xa a fase de escritura deses "marabillosos" mini-poemas-cartas-notas que mandáchedes polo San Valentín...(que hai que ver, por certo, cómo "bulían" eses corazóns esta semana pola Biblio...), pois iso, que xa só queda esperar uns días para a toma de decisións e o fallo do xurado.

Pero tanto se gañades o premio do Concurso como se non...nada sería mellor que "GAÑAR" ese corazón perdido que ao mellor agoraaaa...atopáis!!! Ben, ímolo vendo!


E para ir tomando posicións cara a celebración do 150 Aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" deixámosvos este estupendo traballo sobre a vida e obra de Rosalía, realizado polos compañeiros da Biblioteca do CEIP de Andrade, en Pontedeume, que estamos seguros ides disfrutar:

http://prezi.com/zuxoa2jr-7rf/rosalia-de-castro/?auth_key=a3018916ec70ee1620142b9badb4107a0ba70de8

Dentro de pouco subiremos tamén a nosa aportación á celebración desta data coa magnífica representación das alumnas e alumnos de 4º. Pero non adelantemos acontecimentos... Seguide visitando o blog nos vindiros días!

09 febreiro 2013

NAMORÉMONOS...EN POUCAS PALABRAS...


NAMORÉMONOS... EN POUCAS PALABRAS


Xa sabemos que estades esperando estas datas "coma auga de maio"...e claro que en Febreiro toca falar de AMOR!!!


Así que desde a Biblio propoñémosvos, como sempre, o Concurso "Cartas de Amor"...pero esta vez con diferente formato e bases.

Imos logo!:

Primeira: Os participantes presentarán a súa creación literaria ("carta") cunha extensión máxima de 140 palabras (que dan moito xogo, eh...e non hai porque usalas todas!)

Segunda:  Na temática non somos moi "orixinais": O amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor...

Terceira: O lugar onde deberéis mandalas...ATENCIÓN...é a este blog, escribide onde pon "Comentarios" ao finalizar esta entrada. Lembrade asinar con seudónimo.

Cuarta: Tedes de plazo ata o 15 de Febreiro inclusive ( si, si, xa sabemos que o 14 é S. Valentín...pero que lle imos facer, na Ponte somos así de orixinais!)

Quinta: Non esquezas pasar pola Biblioteca nos recreos do 14 ou 15 para deixar o teu sobre co seudónimo por fora e o teu nome real no interior.

Sexta: Ten paciencia, porque o día 20 de Febreiro saberemos quen é o gañador ou gañadora deste ano (quen, por suposto recibirá un agarimoso agasallo).

E por último animarvos a todos a que participides, tanto escribindo as cartas como disfrutando da lectura das mesmas...

Veña!!!
Lanzade eses bicos, apertas, achuchóns, emocións, sentimentos...
 ÁNIMO!!!




  

04 febreiro 2013

GAÑADORA "II Concurso Fotografía"

Parece mentira que aínda non mostraramos as fotos gañadoras do noso "II Concurso de Fotografía"...pero va pasando o tempo e...

A nosa gañadora, máis ben supergañadora pois as dúas fotos son dela é.....Sandra Mella, de 3º de ESO. 

NORABOA!!! 

As fotos son preciosas e parece que tes unha gran sensibilidade pola imaxe...quen sabe se dentro duns anos verémolas en portadas e concursos nacionais e internacionais...,)

Aquí as tedes, e no noso corredor xa están colgadas para que poidamos admiralas cando imos ao patio.






25 xaneiro 2013

NORABOA A FINA CASALDERREY E A TODAS E TODOS NÓS

 



http://redelectura.blogspot.com.es/#!/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro.

05 decembro 2012

RECOMENDACIÓNS DO NADAL

Por se queredes facer xa a carta "aos Reis" e pedir como agasallo un bo libro, unha película ou algo de música, deixámosvos o enlace das recomendacións das Bibliotecas Municipais de Coruña. Botádelle un vistazo...!!!

http://pinterest.com/bibcoruna/historias-de-regalo-regala-libros-cine-e-musica-es/

02 decembro 2012

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A semana pasada reunímonos todos na Biblioteca para ver, dialogar, comentar, analizar, preguntarnos, respondernos e sobre todo escoitarnos co motivo da celebración do Día contra a violencia de xénero.

Este é o video a partir do cal xurdiu unha importante reflexión:











http://www.youtube.com/watch?v=QE1mmdQM4Bs




Comprendimos que todos "valemos" moito, que ninguen posúe a ninguen, que todos podemos, debemos e queremos ser sensibles e expresalo sen medo...que para querer a alguén tes que desexarlle o mellor, que se necesitamos axuda hai que pedila, que non hai espazo para "unha primeira" vez en canto a violencia en ningunha das súas expresións, nin física nin psicolóxica...

Para seguir engadindo as vosas reflexións, lembrade que temos un panel no corredor, preto da biblioteca onde poder compartilo con todos.

Grazas