26 febreiro 2012

Dos alumnas de un instituto público de Coruña...en el espacio!!!



Estamos de oferta!!!  Llega el "2 x 1" 

A partir de ahora intentaremos acercaros a noticias interesantes a través de blogs o páginas web igualmente imprescindibles. Es decir, os recomendaremos blogs de diferentes índoles (culturales, científicos, entretenimiento, lectura, arte...) seleccionando algún artículo que, seguro, os va a interesar.

Para comenzar queremos recomendaros este blog:   http://www.microsiervos.com/  


Microsiervos


Aquí encontraréis artículos muy interesantes sobre ciencia, tecnología, divulgación, fotografía, aviones (sí, sí...es un forofo de la aviación!).

Y en este caso os pedimos que no os perdáis el artículo sobre dos compañeras vuestras, Marta y María



del instituto público de Dices, en Padrón, sobre un proyecto y premio que acaban de conseguir, para probar un experimento suyo en el espacio (sí, sí...en la Estación Espacial Internacional!!) y que queda muy bien reflejado en la siguiente dirección del blog que os presentábamos. 




Disfrutadlo!!! y comentadlo...gracias.

07 febreiro 2012

Descubre cos compañeiros de 4º de ESO... "Odisea 2012"

Un ano máis os alumnos e alumnas de 4º de ESO que elixiron como optativa Cultura Clásica participan no concurso que organiza a Sección Galega da Sociedade Española de  Estudios Clásicos, Odisea 2012.




É unha modalidade de concurso por equipos, cun máximo de tres membros en cada un deles.
Nesta edición o tema que centra o concurso é "As viaxes no mundo grecorromano".




O concurso celebrarase no mes de febreiro. Os días 6,7 e 8 de febreiro deberemos responder a tres preguntas que versarán sobre temas relacionados coa Cultura  Clásica:

- 1º día as preguntas serán sobre as viaxes na mitoloxía grega e romana.

- 2º día versarán sobre as viaxes na vida cotiá en Grecia e Roma.

-3º día serán sobre as viaxes na Historia e institucións grecolatinas. 

No cuarto día sairán publicadas outras "preguntas-pistas" e un "preguntón", de maior dificultade, sobre as viaxes na literatura grecolatina.

Na fase local están establecidos tres premios en metálico. Os equipos gañadores competirán entre si nunha segunda fase estatal, para a que se establece un único premio en metálico de maior cuantía.

Aquí podedes atopar os Centros de Galicia que participan no concurso:


Ánimo aos concursantes e moita sorte !!!

08 xaneiro 2012

Feliz Ano!

Comezamos este 2012 cos mellores desexos para todos!!! 


Despois deste merecido descanso de Nadal, as portas do Centro, e por suposto as da Biblio, estarán novamente abertas  para permitirnos atopar dentro un "inxente" caudal de experiencias, coñecementos, encontros e reencontros...

Por desgraza, este pasado día 5 de xaneiro, finou un dos máis queridos e recoñecidos intelectuais de Galicia: Isaac Díaz Pardo.

 Naceu en Santiago de Compostela en 1920. Durante a Guerra Civil, o seu pai foi fusilado polo que tivo que agocharse sendo moi novo. Cursou estudos de arte e foi profesor da Escola de Artes de Barcelona. Para a maioria é reoñecido como o fundador da fábrica de Cerámicas do Castro, Sargadelos, o museo Carlos Maside (en Sada) ou a editorial "Edicións do Castro". Foi un recoñecido pintor, ceramista,  escritor de ensaio e crítica, ademáis de escribir numerosos artigos na prensa. Pero o que máis cabe salientar de Isaac Díaz Castro foi o seu amor a Galicia e a súa bonhomía.

Como adelanto podedes ver este trailer do documental "ISAAC" que temos na biblioteca esperándovos. Que o disfrutedes! Paga a pena!




11 decembro 2011

Benvidos ao Blog da Biblioteca escolar de Pontecarreira

Ola "habitantes" da Biblioteca de Pontecarreira,

Abrimos hoxe unha nova "xanela" no cole para sair-entrar-atopar-comentar-compartir-aprender e sobre todo disfrutar de todas aquelas novedades que, seguro, iremos atopando polo camiño. Este novo blog pretende, sobre todo, crecer con todos vos, cos vosos comentarios, suxerencias, recomendacións...animádevos a participar!!

E para comenzar ben, imos facer unha primeira entrada coas presentacións que realizaron compañeiros nosos doutros centros galegos (xa sabedes que formamos parte dunha maravillosa rede de bibliotecas escolares: PLAMBE), neste caso no Blog “O Segrel do Penedo” do IES de Fene, para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.

Disfrutadea!



63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)