27 novembro 2012

EDUCACIÓN DOCUMENTAL DIXITAL

Esta entrada é un regalazo!!!

Deixámosvos o enlace a un gran traballo dos profesores do instituto galego  IES Pedras Rubias sobre Educación Documental Dixital. En outras palabras, como moverse pola rede virtual de internet. 


E nada mellor para presentalo que as súas propias palabras:


"Neste novo mundo podemos crear e tamén navegar en busca de coñecemento.

Neste mundo podemos chegar onde desexemos ou tamén naufragar.

O éxito ou fracaso da viaxe dependerá da pericia de quen navega e do coñecemento que teña das cartas de navegación e das posibilidades da nave.

Esta unidade didáctica ten a intención de mellorar as túas técnicas de navegación de cara a que obteñas o título de capitán de navío.

Prepárate, porque vai comezar a aventura.


Pois para iso navega neste "Caderno de Bitácora" :





BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

Catálogo xeral


Na páxina da Biblioteca Virtual Galega podemos atopar unha entrada a unha listaxe de obras de literatura infantil e xuvenil ás que podemos acceder directamente.


http://www.bvg.udc.es/index.jsp





Dentro atoparedes textos, audios ou vídeos,  íntegros ou en fragmentos, dalgunha das obras dos nosos autores. Botáde un vistazo!

08 novembro 2012

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Non tedes excusa! 

Chega o mes de Novembro, coa súa marabillosa luz de outono, as cores das follas, as lareiras, as néboas da mañá e do solpor...Collede as vosas cámaras de fotos ou móbiles e...atrapádeos!!! Xa está aquí o II  Concurso de Fotografía promovido pola Biblioteca. 

Este ano imos facer un por trimestre. E como novidade é que tedes dous temas a elixir para inspirarvos. Podedes presentar unha fotografía de cada un deles. Esta vez son: 

     - O meu mundo.

     - Os sentimentos- as emocións.

Seguro que xa tedes a idea na cabeza, así que...a por ela. 

As bases están expostas na porta da Biblioteca, pero lembrade que o plazo de presentación remata o 30 de Novembro.

Estamos desexando disfrutar delas e, como sabedes, as gañadoras, ademáis de recibir un pequeno agasallo quedarán expostas no corredor principal do cole de Secundaria.

A N I m á D E v o S!!!

INFORMACIÓN EN GALEGO

Con esta entrada queremos poñer á vosa disposición os enderezos de diferentes páxinas que desde Galicia temos para informarnos, tanto do acontecer cultural coma da prensa dixital.

Así podedes visitar as seguintes webs:

     - De información cultural:

E lembra que é moi importante, estar informado e contrastar esta información con diferentes fontes. Valora e reflexiona sobre o que ocorre ao teu carón ...e máis alá... E logo...ti decides!

10 outubro 2012

LIPDUB...qué é iso!

Esta nova entrada é para mostrarvos o traballo duns compañeiros vosos.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela
(Redondela)queren compartir con vós unha experiencia única que viviron a
finais do curso pasado: a gravación do LIPDUB EU FALAREI.

A ligazón para acceder ao vídeo é a seguinte:

LIPDUB EU FALAREI: http://www.youtube.com/embed/AerLPRrnIaA?rel=0

Tamén podedes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no
making-of

MAKING-OF: http://www.youtube.com/embed/HCsm1Wv9xXw?rel=0


Este é o trailer co que promocionamos o vídeo antes de facelo público,
para crear expectativa:

TRAILER: http://www.youtube.com/embed/g64rX29m47Y?rel=0

07 outubro 2012

Benvidos ao novo curso 2012-13

                                



Ola, Ola, Ola!!! 

 Xa comenzamos este novo curso hai uns días e aproveitamos hoxe para saludarvos


     E que mellor comenzo que a marabillosa acollida que tiveron os obradoiros e Club de Lectura que vos ofertamos na hora de Proxecto Lector. Grazas rapazas e rapaces por participar un ano máis nestes proxectos!. 

     Como xa sabedes, este ano temos: 

 -Os luns, Obradoiro de lecto-escritura con Fina, o alumnado de 1º ciclo de ESO. Parece que comenzácheis buscando sensacións e sentimentos nos libros de arte...mmm....gústame! 

 - Os martes, imos á "Cova das Palabras" con Rosalía e demáis profes para falar, degustar, decorar e imaxinar mundos "dun xeito diferente". Un bo comenzo coas "Lágrimas de Shiva"...esperamos os vosos comentarios a medida que avancedes na lectura.

 - Os mércores é un "día-libre" para quedarse na biblioteca lendo.

 - Os xoves, con Loló vos adentraréis no mundo do Teatro e a lectura dramatizada...éste é un bo ano pois, como quizás xa xaberedes está adicado, o Día das Letras Galegas, a Roberto Vidal Bolaño. Seguro que algunha das súas obras pasa polas vosas mans.

 - E os venres, os do 2º ciclo de ESO van con Fina ao Obradoiro de lecto-escritura. Creo que tamén atoparán unha boa fonte de inspiración neses novos libros de arte adquiridos.

     E por certo, aproveitamos para recordarvos que un ano máis seguimos no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e que, cos cartos que recibimos estamos desexando mercar eses libros que tanto vos apetece ler. Ese que vos recomendou a vosa curmá, ou ese outro que anda a ler o voso veciño e que non sae nin a xogar estes días, ou ese de animais do que falou a profe que tiña tan boa pinta....

Ánimo, pasade pola Biblio e pedilos!!!

31 maio 2012

Día das Letras Galegas

Aquí tedes unha mostra do talento dos rapaces de Ponte Carreira na celebración do Día das Letras Galegas: