Por se queredes facer xa a carta "aos Reis" e pedir como agasallo un bo libro, unha película ou algo de música, deixámosvos o enlace das recomendacións das Bibliotecas Municipais de Coruña. Botádelle un vistazo...!!!
http://pinterest.com/bibcoruna/historias-de-regalo-regala-libros-cine-e-musica-es/
05 decembro 2012
02 decembro 2012
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A semana pasada reunímonos todos na Biblioteca para ver, dialogar, comentar, analizar, preguntarnos, respondernos e sobre todo escoitarnos co motivo da celebración do Día contra a violencia de xénero.
Este é o video a partir do cal xurdiu unha importante reflexión:
http://www.youtube.com/watch?v=QE1mmdQM4Bs
Comprendimos que todos "valemos" moito, que ninguen posúe a ninguen, que todos podemos, debemos e queremos ser sensibles e expresalo sen medo...que para querer a alguén tes que desexarlle o mellor, que se necesitamos axuda hai que pedila, que non hai espazo para "unha primeira" vez en canto a violencia en ningunha das súas expresións, nin física nin psicolóxica...
Grazas
27 novembro 2012
EDUCACIÓN DOCUMENTAL DIXITAL
Esta entrada é un regalazo!!!
Deixámosvos o enlace a un gran traballo dos profesores do instituto galego IES Pedras Rubias sobre Educación Documental Dixital. En outras palabras, como moverse pola rede virtual de internet.
E nada mellor para presentalo que as súas propias palabras:
Deixámosvos o enlace a un gran traballo dos profesores do instituto galego IES Pedras Rubias sobre Educación Documental Dixital. En outras palabras, como moverse pola rede virtual de internet.
E nada mellor para presentalo que as súas propias palabras:
"Neste novo mundo podemos crear e tamén navegar en busca de coñecemento.
Neste mundo podemos chegar onde desexemos ou tamén naufragar.
O éxito ou fracaso da viaxe dependerá da pericia de quen navega e do coñecemento que teña das cartas de navegación e das posibilidades da nave.
Esta unidade didáctica ten a intención de mellorar as túas técnicas de navegación de cara a que obteñas o título de capitán de navío.
Prepárate, porque vai comezar a aventura.
Pois para iso navega neste "Caderno de Bitácora" :
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA
Na páxina da Biblioteca Virtual Galega podemos atopar unha entrada a unha listaxe de obras de literatura infantil e xuvenil ás que podemos acceder directamente.
http://www.bvg.udc.es/index.jsp
Dentro atoparedes textos, audios ou vídeos, íntegros ou en fragmentos, dalgunha das obras dos nosos autores. Botáde un vistazo!
08 novembro 2012
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Non tedes excusa!
Chega o mes de Novembro, coa súa marabillosa luz de outono, as cores das follas, as lareiras, as néboas da mañá e do solpor...Collede as vosas cámaras de fotos ou móbiles e...atrapádeos!!! Xa está aquí o II Concurso de Fotografía promovido pola Biblioteca.
Este ano imos facer un por trimestre. E como novidade é que tedes dous temas a elixir para inspirarvos. Podedes presentar unha fotografía de cada un deles. Esta vez son:
- O meu mundo.
- Os sentimentos- as emocións.
Seguro que xa tedes a idea na cabeza, así que...a por ela.
As bases están expostas na porta da Biblioteca, pero lembrade que o plazo de presentación remata o 30 de Novembro.
Estamos desexando disfrutar delas e, como sabedes, as gañadoras, ademáis de recibir un pequeno agasallo quedarán expostas no corredor principal do cole de Secundaria.
A N I m á D E v o S!!!
INFORMACIÓN EN GALEGO
Con esta entrada queremos poñer á vosa disposición os enderezos de diferentes páxinas que desde Galicia temos para informarnos, tanto do acontecer cultural coma da prensa dixital.
Así podedes visitar as seguintes webs:
- De información cultural:
- De prensa dixital:
E lembra que é moi importante, estar informado e contrastar esta información con diferentes fontes. Valora e reflexiona sobre o que ocorre ao teu carón ...e máis alá... E logo...ti decides!
10 outubro 2012
LIPDUB...qué é iso!
Esta nova entrada é para mostrarvos o traballo duns compañeiros vosos.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela
(Redondela)queren compartir con vós unha experiencia única que viviron a
finais do curso pasado: a gravación do LIPDUB EU FALAREI.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela
(Redondela)queren compartir con vós unha experiencia única que viviron a
finais do curso pasado: a gravación do LIPDUB EU FALAREI.
A ligazón para acceder ao vídeo é a seguinte:
LIPDUB EU FALAREI: http://www.youtube.com/embed/ AerLPRrnIaA?rel=0
Tamén podedes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no
making-of
MAKING-OF: http://www.youtube.com/embed/ HCsm1Wv9xXw?rel=0
Este é o trailer co que promocionamos o vídeo antes de facelo público,
para crear expectativa:
TRAILER: http://www.youtube.com/embed/ g64rX29m47Y?rel=0
LIPDUB EU FALAREI: http://www.youtube.com/embed/
Tamén podedes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no
making-of
MAKING-OF: http://www.youtube.com/embed/
Este é o trailer co que promocionamos o vídeo antes de facelo público,
para crear expectativa:
TRAILER: http://www.youtube.com/embed/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)