27 outubro 2025

AMABUL visita o CPI Ponte Carreira

A semana pasada contamos co Programa de educación ambiental de @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.



24 outubro 2025

Día das bibliotecas escolares

No Día das bibliotecas, amosámosvos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio.


 

 

15 outubro 2025

SOMOS...

E aquí as nosas mensaxes de Ánimo a Vega, para quen vai adicada este ano a carreira, e para todas aquelas persoas que están a pasar por esta enfermidade. 











14 outubro 2025

MAGOSTO!!!

 Achégase o Magosto e xa estamos preparando os nosos cestiños con ditos e refráns galegos










13 outubro 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

Para conmemorar o Día das Escritoras adicámonos a "buscar" escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil. Unha vez localizadas, repartímulas por cursos e creamos estes "montes" marabillosos





09 outubro 2025

Asociación visibles. Maleta viaxeira

Estes días estamos a gozar da biblioteca itinerante da @asociacion.visibles a A Viaxe Con Sentido, unha chea de libros sobre a igualdade de xénero, a sexualidade, o bo trato, as boas relacións,...