31 outubro 2023

O noso Samaín...

Aiiii rapazada...o medo que pasei na nosa biblio, tiven que agocharme nas estanterías para que non me visen a Meiga e os Monstros. Estaba alí nunha esquiniña vendo como vos agarraban das pernas, como facían conxuros e mesmo dicían que a nosa era unha Biblioteca Encantada, vístelo coma min?


 
Menos mal que tamén se achegou ao centro Anxo Fariña e ensinounos moitos segredos para aprender a debuxar uns monstros que daban moito medo! Grazas Anxo por debuxar con nós e para nós!!! 
 


24 outubro 2023

Benvidas e benvidos a un novo curso!

 Boas rapazada, acordádesvos de min?

Si, si... son Librato e quería darvos a benvida a este novo curso 2023/2024.

Imos comezar cun segredo que me teredes que gardar todas e todos... a nosa biblioteca vai cambiar moito neste curso! 

Xa incluímos libros novos, cambiamos decoracións, mobiliario máis funcional,... Agardamos que vos guste moito!

De todos xeitos, de non ser así, sabedes que temos un buzón de suxerencias xusto na entrada, deixádenos as vosas ideas e terémolas en conta sempre que poidamos!

 

Unha aperta moi forte e... LER MOITO!

16 outubro 2023

Día das escritoras



 "... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo." 

 
Yáñez, Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)


Boas familias e rapazada, Librato aínda non está preparado para darvos a benvida a este curso pero, no noso cole xa comezamos a traballar en temáticas moi interesantes.
Coñecedes moitas escritoras? As nosas nenas e nenos semella que saben o nome de moitas e empregáronos para decorar os seus futuros marcapáxinas!!!





02 xuño 2023

PDI: CONTOS DO MUNDO


 Xa temos listas as nosas maletas para viaxar a través dos contos. Fomo a Italia, México, Rusia, Suecia, Suiza, Camerún, China e Reino Unido para coñecer contos como Pinocho, A cebra camila, A mosca chosca, Pipi Medias Longos, Heidi, O león Kandinga, O nacemento do Dragón e Harry Potter 










21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...