17 outubro 2019

Abrimos...

No día de onte a biblioteca de Infantil e Primaria abriu as súas portas para o alumnado. Alí estaba librato agardándonos e cun agasallo para os visitantes da biblio no seu primeiro día. E non poido ter mellor apertura; premede na imaxe e veredes.

https://photos.google.com/album/AF1QipPvbg8DdWZc-A3b0YwrfL70qms4Cjr17o-QKa1G/photo/AF1QipNl9XFVYZL2pw1u3TxcZezkaeVyFHsGAes0s_YM

27 maio 2019

75 aniversario de El Principito

Ano 2018. Ano do 75 aniversario de EL PRINCIPITO. O alumnado de infantil e primaria traballou moito con e sobre esta grande obra. Aquí unha mostra dos seus traballos.


















































26 maio 2019

Contacontos Kalandraka

Que ben o pasamos o 14 de febreiro coas historias que nos trouxeron Sara e Álex dende Kalandraka. Un anos máis pasamos unha mañá divertidísima. Se queres velo xa sabes... a premer na imaxe.

https://photos.google.com/share/AF1QipPQSKV27xDYgwZbzMcZPPLszwAN1zUAR6s1xQXoohEwR0iVC6d4lhpzd5a3X4MqBg?key=WENvWDV0bzZLQW5OQ1hRV0oyN2sxR0R6RkpESGhB

Dende ESO para EI

O pasado 4 de decembro certo alumnado de ESO preparou uns contos para organizar unha sesión de contacontos para os seus compis máis pequenos, o alumnado de Educación Infantil. O resultado foi fantástico, queres velo? preme na imaxe. 

https://photos.google.com/album/AF1QipOx10KMPnlXOM8V7I1LOaqwBZvg--PLSblf5fUR

25 maio 2019

Marabillosa visita de Lucía Aldao e María Lado..."Aldaolado"


O pasado xoves día 23 recibimos na nosa biblioteca de secundaria a visita das artistas María Lado e Lucía Aldao e foi unha experiencia marabillosa. En dúas sesións, unha para o alumnado de secundaria e outra para o de infantil e 1º e 2º de primaria, puidemos gozar do seu sentido do humor e da súa calidade artística coa voz e coa música.

En secundaria recitaron varios dos seus poemas acompañadas as veces pola guitarra de Lucía e despois, con versos libres repartidos entre o público crearon un poema que podedes disfrutar no enlace baixo as fotos.







Vídeo coa poesía creada polo alumnado e profesorado de secundaria





A última hora da mañana a biblioteca transformouse nun fermoso prado donde dúas ovelliñas, Engracia e Blanca fixeran as delicias de pequenos e grandes. Profes e alumnos estivemos moi atentos á historia e ás cancións destas dúas ovellas e a súa aventura coa loba, a serpe e demáis obstáculos que sortearon con éxito. Pasámolo moi ben!!







E por último un vídeo das ovelliñas cantando..,))))


13 maio 2019

Torneo Xogos de inxenio



Xa estamos en pleno torneo de xogos de inxenio...moi emocionante! Luns e martes, durante o tempo de proxecto lector gozamos, pensamos, gañamos e aprendemos a perder. A finais de maio teremos equipo gañador.







04 abril 2019

XOGOS DE INXENIO

Este ano recibimos un presuposto específico da Consellería de Educación para mercar libros STEAM (de ciencias, tecnoloxía, matemáticas e arte). 

O departamento de matemáticas empregou parte del en XOGOS DE INXENIO ( Othello, Torres de Hanoi, Mancala, solitarios...) que tiveron moi boa acollida. Fixeramos un par de días con grupos heteroxéneos para ler as instruccións e comezar a xogar e logo explicaron a outros compañeiros como facelo. Agora os xogos de inxenio quedan na biblioteca para collelos libremente.











24 marzo 2019

VI concurso de poesía TROITAS EN VERSO

E xa que está resolto o premio do VI Concurso de Poesía TROITAS EN VERSO.... pois amosámosvos cantas poesías recibimos e as gañadoras. 





21 marzo 2019

DIA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE DOWN


Hoxe, 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down. Este 2019 a celebración céntrase no lema "No dejar a nadie atrás". Todas as persoas con síndrome de Down deben ter a oportuniade de gozar de vidas plenas, tanto en igualdade de condicións coas demáis, como no resto de aspectos da sociedade; como se recolle na Axenda 2030 para o Desenvolvementeo Sostible da ONU- o plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade- que promete que "Ninguén quedará atrás".

No cole vimos vídeos e falamos da normalización no día a día con persoas con Síndrome de Down que coñecemos e temos preto de nós. 

Co alumnado de infantil e primaria limos e comentamos: "El cazo de Lorenzo"

Na páxina Down Galicia, podemos atopar estes principios que compartimos plenamente:


PRINCIPIOS

Diversidad. Lo normal es que seamos diferentes
Dignidad. Soy una persona
Autodeterminación. Vivo mi vida
Igualdad de oportunidades. Como ti, puedo con apoyo
Inclusión. Mi exclusión es el fracaso de todos



Vídeo "Auténticos" , con mozos que expresan os seus sentimentos, ideas, como queren ser tratados, respetados...


e este delicioso "La suerte de tenerte".

14 marzo 2019

Celebración 8 de marzo- Día da muller

Semanas en feminino...

Van enchéndose, aquí e alá, os corredores, o patio, a biblioteca, as aulas...

As nenas, as mozas, as mulleres están sempre presentes na nosa escola. As de antes e as de agora. Os nosos referentes, os nosos faros, modelos de loita e de vida en feminino...

Xurden nas exposicións de fermosos libros de arte expostos na entrada...



Aparecen mensaxes de loita polos dereitos de todas; de todas as persoas que xuntas queremos un novo siglo XXI en igualdade...


  

Lembramos e homenaxeamos ás que marcaron un antes e un despois nos seus diferentes campos de expresión, profesión, modelo de vida...




E aproveitamos para xogar con estas 100 mulleres que son un boísimo exemplo de talento en diferentes campos e que lembraremos con agarimo grazas ao "bingo" co que xogamos para unir recoñecemento e diversión! O alumnado tiña que elixir ás 10 que máis lles chamase a atención, anotar o seu nome, data, lugar de nacemento e a profesión pola que son recoñecidas. Despois só esperar que os seus números foran os elixidos. Parabéns a Xoel e Jeni polos seus premios!




 

 


AVANZAMOS CARA A UNHA NOVA ETAPA EN IGUALDADE REAL !!





05 marzo 2019

Gañadores "Namorémonos" 19

E aquí unha fotiño dos gañadores do concurso de cartas-debuxos de amor-desamor deste curso 2018-2019 recibindo o seu agasallo. Noraboa!!!

04 marzo 2019

CONCURSO CARTAS-DEBUXOS DE AMOR

Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos do concurso de "Cartas-debuxos de amor-desamor"...


Moito traballiño tivemos para elixir os gañadores, e como a tarefa non nos foi nada fácil... decidimos outorgar máis dun premio. Estes son os gañdadores. Noraboa!!!









03 marzo 2019

Lecturas en feminino...

A piques de chegar ao 8M, achegámonosvos estas recomendacións de "Lecturas en feminino" da Editorial Kalandraka. Non importa a idade para lermos este tipo de libros, asique... sexas pequeno ou non tan pequeno, porque non o les?



11 febreiro 2019

Kalandraka volve ó cole....

O vindeiro xoves volven os nosos amigos de KALANDRAKA para facer unha das súas super-xeniais sesión de contacontos para infantil e 1º de primaria.


Concurso de cartas-debuxos de amor-desamor

Xa está en marcha unha nova edición do concurso de cartas-debuxos de amor-desamor. E xa está listo o buzón para que deposites a túa. Anímate... e participa. 





30 xaneiro 2019

Lecturas no DÍA DA PAZ


Para conmemorar o Día da Paz, este ano, despois de disfrutar da xa habitual xornada de chocolate con churros compartida cos compañeiros de infantil e primaria, en secundaria tivemos unha agarimosa sesión de poesía compartida na biblioteca. 

Deixámosvos o texto lido pola profesora de lengua, Marga, e fotos e vídeos do recital.


30 DE ENERO. DÍA DE LA PAZ

"Cuando pacíficamente Pepa me señaló para arrancar este humilde acto, sentí el peso de la responsabilidad.
PAZ, solo tres letras para una palabra inmensa.
¿Por qué el  de enero? En 1964 se declara El Día Escolar de la No Violencia y la Paz para conmemorar la muerte de Gandhi, reconocido en 1993 por la UNESCO.
Había que seguir andando, así que pensé en documentarme sobre los conflictos bélicos actuales. Me asustaron los datos. ¡Veintidós países en conflicto! Y alguno de los enfrentamientos se remonta a 1948.
Tuve que parar. Y entones me acordé que soy profe de Lengua y decidí que nuestro camino hoy pasaba por conocer bien el significado de PAZ. Volví a sorprenderme. Sí, habitualmente entendemos la paz como la ausencia de guerra. Pero desde un enfoque positivo la paz se centra en el compromiso de todos los miembros de una sociedad y de las instituciones por construir una convivencia no violenta en el día a día.
Inevitable seguir el camino de esa PAZ positiva que nos lleva a la asertividad, el autocontrol, a la confianza, a la convivencia, a la cooperación, al cuidado, a la empatía, a la inclusión, a la mediación, a la reconciliación, a la honestidad emocional, a la tolerancia y al respeto. 
Gandhi dijo: no hay camino para la PAZ, la PAZ es el camino.
Empecemos hoy el nuestro de la mano de Machado, Gloria Fuertes, Goytisolo, Prévert, Pimentel, Fernán Vello y Lennon."











e finalmente vimos este vídeo de UNICEF coa letra "Imagine" de John Lennon








21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...