03 novembro 2021

DÍA DO LECTOR

3 de novembro, DÍA DO LECTOR coincidindo co nacemento de Xosé Neira Vilas. 

Lemos moito, en moitos lugares, de moitas formas, sós, xuntos, aos demáis,... e experimentamos "outros tipos de lectores" vendo contos en lingua de signos, en braille, con pictogramas,... 

O resultado neste vídeo: 


Concurso de Postais

 

14 abril 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Achégase o Día do Libro e durante este mes de abril, MES DOS LIBROS, estamos propoñendo a actividade CONVÉRTETE NA PORTADA DUN LIBRO, no protragonista do teu libro-conto preferido ou calquera outro, onde a través dunha foto e sendo os nen@s (xunto con calquera outra persoa se se quere ou se é necesario) representen portadas de contos ou libros. 

Podedes enviar o resultado a: endl.ponte.carreira@gmail.com (preferiblemente)

                                                bibliotecaescolar@gmail.com

No primeiro enderezo tamén poderedes realizar consultas se tedes dúbidas (as titoras de EI e EP tamén vos resolverán as dúbidas), igual que se tedes problemas para montaxes... consultádenos que axudamos. Hai que adxuntar tamén unha foto da portada orixinal do libro. 

Sería bonito ter algunhas, cantas máis mellor para o día do libro, 23 de abril, pero seguiremos recibindo "traballiños" durante todo o mes. 

Algún exemplos: (estade atent@s que o equipo docente estámonos convertindo nos protagonistas de varios contos e deixarémolos por aquí para que tamén os vexades, así como os traballos que nos vaian chegando)







OUTROS EXEMPLOS ATOPADOS NA REDE: 




AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!
ANIMÁDEVOS QUE PASAREMOS UN TEMPO DIVERTIDO E COÑECEREMOS MOITOS, MOITOS LIBROS

09 abril 2021

Letras Galegas 2021

No 2021 adícanse as Letras Galegas á figura de Xela Arias. Preme na imaxe e accederás a varios recursos para traballala. 



19 marzo 2021

24 febreiro 2021

Día de Rosalía de Castro 2021

Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento da nosa escritora máis universal e no Ponte rendémoslle una homenaxe un ano máis participando as actividasdes da AELG (Asociaicón de Escritores en Lingua Galega). 

Estes son os nosos traballos:

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...