21 decembro 2017
15 decembro 2017
13 decembro 2017
PREPARANDO A VISITA DE CARLOS MEIXIDE E MARÍA MEIJIDE
Este ano, no Club de Lectura liron os libros "Cans" e "Ons"de Carlos Meixide, ilustrados pola artista María Meijide.
Temos a sorte de poder contar con eles o próximo día 18 de decembro nun obradoiro conxunto. Xa localizamos moitas preguntas e dúbidas sobre o libro, sobre o proceso de creación (de texto e ilustración ), sobre a autoedición...
De momento estamos a preparar ben a entrada a biblio con información deles e mais de elementos das dúas obras. Deixámosvos unhas fotos do proceso e xa poñeremos as do obradoiro!
04 decembro 2017
Xa é Nadal na biblio
Que ben o pasaron hoxe os nosos colaboradores ambientando a biblioteca para o Nadal. A que quedou fermosa?
29 novembro 2017
25 de NOVEMBRO: "Día CONTRA a violencia de xénero"
Como cada día do ano, no cole estamos a falar de igualdade, de convivencia, de valores, de respecto, de apoiarnos uns en outros para medrar e vivir e convivir en igualdade de oportunidades. Por eso, como cada ano tamén, temos que lembrar que o "25 de Novembre" é o Día internacional CONTRA a violencia de xénero (porque non é precisamente un día de celebración senón de reivindicación e esixencia).
E para ter sempre claro o que estamos a reivindicar, o primeiro é saber a que nos referimos con "violencia de xénero", como a identificamos na prensa, na publicidade e nas relacións cos demáis.
Nas titorías de secundaria analizamos a publicidade sexista, con catálogos de marcas e empresas e as súas cores e profesións estereotipadas, e mesmo a "cosificación" das mulleres para a venda de obxectos masculinos (perfumes, coches, motos... Pero non...ben sabemos que non é así...
Finalmente, o día 25 reunímonos para comentar entre todos as conclusións, reflexionar e ter claro como queremos que sexan as nosas relacións. Témoslo moi claro!!! QUERO!!!

16 novembro 2017
QUEREMOS UN PATIO NOVO!!!
Esta vez deixámovos co vídeo e as palabras de compañeiros do CEIP COIRÓN, que piden un patio novo.
Botade un vistazo!
Esta aventura comezou o curso pasado. Foi unha tarefa de todo o ano escolar, de todos e todas, con participación da comunidade en cheo e cuns/nhas protagonistas evidentes, os nenos e as nenas do noso centro.
Botade un vistazo!
Esta aventura comezou o curso pasado. Foi unha tarefa de todo o ano escolar, de todos e todas, con participación da comunidade en cheo e cuns/nhas protagonistas evidentes, os nenos e as nenas do noso centro.
O punto de partida, un patio de cemento que resulta inaxeitado,incómodo e ata perigoso....que podiamos facer?...cambialo! como? Pois botándolle imaxinación e soñando...e se algo teñen os/as rapaces/as é esa capacidade máxica de poder facer os soños realidade...
Niso andamos. tentando facer realidade eses desexos para poder, pouco a pouco, ter "O patio que queremos".
E se hai que cantar, cantamos. Con este video acadamos o primeiro prmio na categoría escolar do certame de Cine OUFF Escola, evento enmarcado no Festival Internacional de Cine de Ourense. Estamos encantados co premio do que vos queremos facer partícipes.
Que ben vén un pouco de recoñecemento!
Se queredes "nanananear" mirade e escoitade, subide o volume e por que non BAILADE!!!
Deica!
05 novembro 2017
E se as liñas puideran bailar ?!?!
Hoxe toca disfrutar!! Pon "un pouco" alto o volumen.. e...a gozar!!
I synchronized the song "In the Hall of the Mountain King" by Edvard Grieg to my first line rider track drawing everything by hand. It took me over a month of my free time to create. Hope you enjoy!
03 novembro 2017
Lecturas de medo...
Estes días durante os proxectos lectores disfrutamos de varias mini-lecturas de medo na biblio de infantil e primaria.
E os peques de infantil disfrutaron un ano máis dos nosos mestres Fran e Julio na súa faceta artística.
26 outubro 2017
O Samaín na biblio
Achégase o Samaín e na biblioteca xa temos todo preparado para que poidas disfrutar de lecturas terroríficas.... Así a decoramos e fixemos unha selección de libros para poderes ler estes días. Xa sabes, se te pasas pola biblio pasaralo moi ben e non te esquezas de coller unhas das nosas suxerencias para estes días.
Unha culler de plástico
Este ano subiremos diferentes vídeos e outros recursos que nos farán pensar, reflexionar, analizar...que facemos na nosa vida diaria, que podemos facer e como poderiamos mellorar o noso entorno, natural e persoal.
Estes primeiros vídeos móstrannos o que supón empregar unha simple culler de plástico...O facemos case a diario. Parece algo sen importancia e sen embargo...
24 outubro 2017
Día da biblioteca
Hoxe foi o día das bibliotecas. Se queres ver como o celebramos en infantil e primaria preme na imaxe...
22 outubro 2017
25 setembro 2017
BENVID@S A UN NOVO CURSO ESCOLAR!
De novo no cole; reencontro cos amigos, clases e libros sen estrear, profesores coñecidos e outros por descubrir...e, por suposto, a biblioteca aberta para darvos a BENVIDA e acompañarvos neste curso 2017-18!
Temos libros, revistas, ordenadores, películas, xogos e demáis material esperando para poder descubrir e atopar temas moi interesantes. Non dubidedes en consultarnos e facer todas aquelas aportacións que poidan axudarnos a facer da biblioteca un espazo común agradable e activo.
Deixámosvos un bonito vídeo, " Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris"...para comezar co pracer da lectura!!
Temos libros, revistas, ordenadores, películas, xogos e demáis material esperando para poder descubrir e atopar temas moi interesantes. Non dubidedes en consultarnos e facer todas aquelas aportacións que poidan axudarnos a facer da biblioteca un espazo común agradable e activo.
Deixámosvos un bonito vídeo, " Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris"...para comezar co pracer da lectura!!
21 xuño 2017
Lecturas no verán
Este verán... vaias donde vaias leva un libro. E pode ser un destes, non?
Powered by
Issuu
Publish for Free
27 maio 2017
COMPARTINDO SABERES
Este ano estamos traballando en secundaria de forma interdisciplinar nun proxecto de educación ambiental e saúde, investigando sobre hábitos de vida saudable (alimentación, nutrintes, hixiene postural...), analizando datos relacionados coa agricultura tradicional e ecolóxica no mundo e en Galicia en particular, e levando a cabo un proxecto de horto ecolóxico partindo desde os coñecementos máis teóricos sobre a calidade do solo, ubicación idónea, etc ata a posta en práctica do mesmo.
Comezamos creando o noso propio composteiro para ter un solo ben aboado e ser conscientes de que podemos facelo tamén na casa. E desde esa base tan orgánicas...todo foi "medrando".
O proxecto é moi completo e amplo, abarcando desde aspectos máis biolóxicos como os tipos de asociacións de cultivos, os insectos que axudan e os que poden perxudicar ao noso horto, plantas e cultivos alternativos que podemos cultivar en Galiza...ata aspectos moito máis artísticos como recompilación de diferentes obras de arte ao longo da historia relacionadas coa agricultura, citas de autores galegos ben cercanos á terra, poñendo en valor a nosa relación coa natureza, regueifas en galego, canciones e refráns en outros idiomas que ten a Terra ou a alimentación na súa base, xardíns e parques nacionais e internacionais que cumpre coidar e difundir... E non podemos esquecer a parte práctica que desde as matemáticas fixeramos para relacionar datos, estadísticas, medicións e comprensión en definitiva de xeito obxectivo de diferentes aspectos do proxecto.
Iremos engadindo novas actividades e fotografías do resultado final. E tamén invitarémosvos a velo en directo no cole, explicado e presentado polo alumnado. Estade atentos! A principal intención de todo este traballo..."alimentarnos" de todos os saberes que temos como comunidade e compartilos.
07 maio 2017
REGUEIFANDO
Alá polo mes de decembro PINTO DE HERBÓN veu acompañado polo seu amigo e a súa zanfoña para facernos pasar un boísimo rato e como non, ensinarnos as claves técnicas, os ritmos e rimas das regueifas.
A "canteira" de regueifeiras e regueifeiros de Pontecarreira xa a tiñamos asegurada!!! Pinchade no seguinte enlace e disfrutade das vosas compañeiras e compañeiros nesta primeira sesión que gravamos hai pouco na biblio. Estamos preparando a seguinte, coa participación de todo o alumnado de secundaria.
A "canteira" de regueifeiras e regueifeiros de Pontecarreira xa a tiñamos asegurada!!! Pinchade no seguinte enlace e disfrutade das vosas compañeiras e compañeiros nesta primeira sesión que gravamos hai pouco na biblio. Estamos preparando a seguinte, coa participación de todo o alumnado de secundaria.
26 abril 2017
Entrega de premios
Dende
hai tempo que tiñamos pendente a entrega de premios para os gañadores
do concurso de "Tarxetas de Amor" e do concurso "Troitas en verso". Pois
ben, onte foi o día e aquí vos deixamos unhas fotiños do momento.
TARXETAS DE AMOR: Noelia (6º EI), Nicolás (1º EP), Daniel (4º EP) e Ana (5º EP)
TROITAS
EN VERSO. Dada a escaseza de poesías presentadas decidimos premiar a
todos os participantes. Aquí aparecen os de primaria, pero tamén terán o
seu merecido agasallo Lucía Gómez e Manuel Amador de ESO.
23 abril 2017
22 abril 2017
Apadriñamentos lectores 2017
E seguimos coas actividades ao redor do Día do Libro. Onte, en infantil e primaria, fixemos os xa tradicionais apadriñamentos lectores. Mirade que ben o pasamos premendo na imaxe.
20 abril 2017
Día do Libro 2017
O Día do Libro 2017 é o próximo domingo 23 pero no cole xa arrincamos hoxe con actividades en torno ao Día do Libro.
Como
o tempo nos acompañou decidimos disfrutar do pracer da lectura ao carón
da natureza e cos nosos libros saímos ao patio para pasar así o
proxecto lector de hoxe. Se premedes na imaxe veredes moitas, moitas
fotos.
E mañá máis....
01 abril 2017
25 marzo 2017
15 marzo 2017
Concurso Debuxos e Tarxetas de "Amor"
Aquí vos deixamos unhas fotiños dos debuxos e carta-tarxetas que o alumnado presentou para o Concurso de San Valentín
E aquí os gañadores. NORABOA; nos vindeiros días recibirán o seu merecido agasallo
14 marzo 2017
Concurso de poesías
Xa está en marcha o IV COCURSO DE POESÍAS "TROITAS EN VERSO" para o alumnado de primaria e secundaria. Se queres participar, aquí che deixamos as bases.
Anímate, haberá premios por categorías de idades.

10 marzo 2017
Rosalía verso a verso
Tempo
atrás, coincidindo coa celebración do DÍA DE ROSALÍA (24 febrero) o
Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes solicitou
a nosa participación, xunto cos demáis centros educativos que compoñen
dita mancomunidade, no concurso "Rosalía verso a verso" que puxo en
marcha a través da rede social Facebook. Pois ben, como non podía ser
doutro xeito, puxémos a traballar niso; consistía en gravarnos lendo ou
recitando poemas ou anacos de poemas de Rosalía e subilos á rede. E
GAÑAMOS... xunto co CEIP ADRCASTELAO de Ordes.
Se queredes ver os nosos vídeos aquí vos deixamos o enlace, e cando recibamos o premios tamén vos amosaremos fotiños09 marzo 2017
8 de Marzo...DÍA DA MULLER TRABALLADORA...moito camiño por percorrer
Moito camiño queda por percorrer para que mulleres e homes aprendamos que somos diferentes pero temos os mesmos dereitos. O mesmo dereito a expresarnos, a ser, a vivir, a formarnos, a acadar postos relevantes na ciencia, na literatura, na arte, nos equipos de dirección das empresas, a elexir a vida que queremos vivir nas mesmas condicións de partida...
Desde a escola traballamos día a día a coeducación, como non podía ser doutro xeito. E hoxe, en secundaria, falamos e reflexionamos xuntos, despois de visualizar a película francesa "Fátima", gañadora do César á mellor película o ano pasado.
Deixámosvos aquí tamén o enlace a un vídeo moi interesante sobre o feminismo realizado no Politécnico de Vigo e o enlace á biblioteca escolar coruñesa Biblioviva , onde atoparedes outras reflexións moi interesantes para profundizar neste tema. O cambio está en nós, en todas e todos NÓS!!
23 febreiro 2017
#Rosalíate
Un ano máis celebramos o DÍA DE ROSALÍA sumándonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.
En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.
En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.
14 febreiro 2017
Contacontos con Paco Nogueiras
O pasado 24 de xaneiro, os peques de infantil e os compis de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial; o encargado de facela así foi Paco Nogueiras, todo un artistazo, e que ademáis toca calquera instrumento que se lle poña por diante. Pasámolo xenial; clika na imaxe e verás.
E para que vexades o ben que o pasamos outra mostra, pero agora en vídeo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)