Aproveitamos para compartir como é o noso lectómetro. Esta fotos están collidas "ao chou" e non se corresponden co resultado de ningún trimestre. Simplemente son para amosarvos o funcionamento do lectómetro.
E estes son os premiados do Lectómetro do segundo trimestre: Elba (1º), Saray (2º), Carolina (3º) e Xoel e Lara (4º). O alumnado de 5º e 6º decidiu non participar.
O pasado 12 de marzo acudimos á exposición ARTE NO CÓMIC en Santiago e pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Queres velo? Pois... preme na imaxe e verás.
Nestas Letras Galegas recomendámosche que leas algún dos libros de María Victoria Moreno. Ten publicacións fantásticas para público infantil e xuvenil. Se te pasas pola biblio podes disfrutar delas.
Hoxe difrutamos dun concerto especial. Paco PAKOLAS Cerdeira visitou o cole a ofrecenos un espectáculo do seu libro-cd PAKOLAS e pasámolo xenial. Dámoslle as gracias ao Concello de Frades por organizar para nós esta actividade. Se queres ver o ben que o pasamos preme na imaxe.
Hoxe é o DÍA, o día das LETRAS GALEGAS, as nosas letras. Este é a nosa pequena homenaxe. Axudados pola biografía feita polo Seminario Galán facemos este breve percorrido pola vida de María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
Durante o mes de abril, mes dos libros, sacamos os nosos libros oa patio en varias ocasións e puidemos disfrutar dunha fabulosa combinación: libros, lectura, natureza, bo tempo,...