Achégase o ano olímpico! Achéganse as Olimpíadas do Ponte!!!!
Aquí vos deixamos as novas adquisicións relacionadas co tema para que poidas gozalas e desfrutalas.
Achégase o ano olímpico! Achéganse as Olimpíadas do Ponte!!!!
Aquí vos deixamos as novas adquisicións relacionadas co tema para que poidas gozalas e desfrutalas.
Aiiii rapazada...o medo que pasei na nosa biblio, tiven que agocharme nas estanterías para que non me visen a Meiga e os Monstros. Estaba alí nunha esquiniña vendo como vos agarraban das pernas, como facían conxuros e mesmo dicían que a nosa era unha Biblioteca Encantada, vístelo coma min?
"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo."
Si, si... son Librato e quería darvos a benvida a este novo curso 2023/2024.
Imos comezar cun segredo que me teredes que gardar todas e todos... a nosa biblioteca vai cambiar moito neste curso!
Xa incluímos libros novos, cambiamos decoracións, mobiliario máis funcional,... Agardamos que vos guste moito!
De todos xeitos, de non ser así, sabedes que temos un buzón de suxerencias xusto na entrada, deixádenos as vosas ideas e terémolas en conta sempre que poidamos!
Unha aperta moi forte e... LER MOITO!