30 outubro 2024

Cabazas 2024

E aquí a exposición de cabazas do alumnado de EI-EP para festexar o Samaín. 







27 outubro 2024

FESTA DE ANIVERSARIO DE COLE

 Onte foi un día moi, moi especial. Este curso co colexio cumpre 50 anos de historia e celebrámolo por todo o alto. Acompañaron á comunidade educativa actual antigos alumnos e mestres, familias, veciños, grupo de gaitas da zona, o conselleiro de educación, todo acompañado pola música de A BANDA DE GARDA. Exposicións, discursos, conversas, reencontros, baile, xogos e pinchos fixeron que este día sexa inolvidable. 
















24 outubro 2024

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares. Era costume no Ponte neste día a inauguración da biblioteca para o curso actual; este ano, como xa vos dixen, non poido ser así; pero festexámolo como mellor sabemos: lendo!!! Sacamos a biblio ao patio e... 






18 outubro 2024

MAGOSTO 2025

 Que ben o pasamos hoxe festexando o Magosto. 

Queres ver que xogos propararon o noso alumando, preme na imaxe e verás


15 outubro 2024

Concurso de Mostros

O Equipo da Biblioteca, en colaboración do EDLG, convoca un concurso de MOSTROS para o alumnado de ESO

14 outubro 2024

Día das escritoras

Hoxe é o DÍA DAS ESCRITORAS. Fai uns días puxémonos a investigar sobre as escritoras que temos na nosa terra e atopamos un montón!!! E con elas fixemos este fermoso mural, simulando unha melena ao vento con cantidade de escritoras galegas (e as que nos quedaron sen incluír) para reinvindicar o seu traballo.