Este ano retrasamos un pouco o DÍA DA EDUCACIÓN, pero por unha boa causa. O OBRADOIRO CAB contactou connosco co seu desexo de vir celebrar este día ao cole e realizar unha rolda de prensa no centro. Un gran orgullo que nos visiten un ano máis.
31 xaneiro 2025
30 xaneiro 2025
Día da Ilustración
Hoxe foi tamén o Día da Ilustración. Achegámonos a vida e obra do ilustrador Xosé Vizoso e na hora de biblioteca puxémonos mans á obra e fixemos as nosas ilustración.
e o resultado...
25 xaneiro 2025
Toma 1 activada!!!
O alumnado de 5º e 6º de primaria está a colaborar no funcionamento da biblioteca escolar. Estes primeiros días de reapertura da biblio é fundamental a súa colaboración axudandoa os máis pequenos e non tan pequenos sobre os novoso espazos, usos,...
22 xaneiro 2025
20 xaneiro 2025
1º día da nova biblio
Hoxe foi o día. Reabriu MILFOLLAS e librato agardávanos con moitas, moitas sorpresas. Foi un día xenial!!!
15 xaneiro 2025
MILFOLLAS A ESCENA!!!
Despois de días duros de traballo no que Librato fixo obras na súa casa (apliou a estancia, novos espazos, novos materiais, novas seccións, expurgos,...) xa está case lista para a súa inauguración. Pouco a pouco seguiremos con pequenas reformas pero a biblio reabre as súas portas o próximo día 20. O resultado deste proceso de reestructuraicón e as impresións do alumnado ao vela no seguinte vídeo:
10 xaneiro 2025
RADIO CPI PONTE
Ano novo, novas aventuras.
Hoxe sae a escena unha nova aventura do Ponte. Xa temos radio escolar, grazas ao esforzo do centro na compra dalgún material e outro prestado polo mestre de música podemos dicir que TEMOS RADIO NO COLE!!!.