Hoxe poidemos disfrutar de dúas mamás e dous papás que viñeron á biblio a lernos contiños. Foi unha mañá xenial. Grazas Olivia, David, Juan e Nelly por acompañarnos. Un pracer!!!
28 marzo 2025
24 marzo 2025
Encontro interxeracional
Que gran xornada a de hoxe. Non se pode explicar con palabras o vivido esta mañá. Grazas, grazas e grazas por permitirnos este marabilloso encontro.
DO MAR E DA TERRA
Acollemos esta mostra itinerante "Do mar e da Terra", impulsada pola Deputación da Coruña para difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade, éxito e compromiso co rural e co mar que existen na provincia.
Está integrada por paneis expositivos e por material didáctico interactivo adicional coa que se busca informar á rapazada das oportunidades que lles brindan os sectores tradicionais como o agrogandeiro, o mariñeiro ou o marisqueiro.
21 marzo 2025
DÍA DA POESÍA
Neste día da poesía organizamos unha sesión de lecturas poéticas. Os libros foron elixidos polo alumnado colaborador da biblioteca e, como o tempo estaba chuvioso, non dubidaron un momento en propoñer ler VERSOS PARA LEER CON PARAGUAS entre os títulos elixidos. E así foi, e para elo fixérono como así o indicaba o título do libro: con paraugas
Día do Síndrome de Down
E hoxe é o propio día. Cos calcetíns desparellados viñemos ao cole e fixemos este fermoso mural para demostrar que nos somos #tancomati
20 marzo 2025
Día do Síndrome de Down
Mañá é o Día do Síndrome de Down e o alumnado de 4º EP pasou pola radio para falarnos un pouquiño deste Síndrome.
17 marzo 2025
Creando no Día da Banda Deseñada
Hoxe é o día do CÓMIC, da BANDA DESEÑADA e na nosa bilbio xogamos, desfrutamos,... cos principais personaxes: Mafalda, Snoopy,...
16 marzo 2025
DÍA DO CÓMIC
Mañá é o DÍA DA BANDA DESEÑADA.
Pásate pola biblio que Librato quere que lle axudes a decorar o recuncho da Banda Deseñada cos personaxes máis significativos: Mafalta, Mortadelo, Filemón, Snoopy,...
11 marzo 2025
MALETA CREATIVA
Estes días estamos a desfrutas da maleta creativa da Asesoría de Bibliotecas Escolares. E estámolo pasando xenial.
10 marzo 2025
08 marzo 2025
Día da Muller
No día da muller amosámosvos as nosas tarxetas de mulleres importantes da historia. Tamén fixemos caixas colgantes con mulleres destacadas.
03 marzo 2025
I Encontro interxeracional
Arrinca marzo e temos moitas actividades por diante. Peor unha das que nos fai especial emoción terá lugar o día 24 no centro Sociocomunitarios da Ponte Carreira.