Non todo vai ser crise. Aquí tedes unhas "Novas Venturosas":
1.-A partires do 26 de abril, volveremos a ter prensa en galego!. Ese día sae en rede, en edición dixital, "SERMOS GALIZA". Coa previsión de térmolo tamén en papel semanalmente. É un proxecto de prensa plural e responsable. Buscarase dar información en profundidade de tódolos temas relativos ou de interés para Galicia.
2.- Próximamente, atoparemos tamén en funcionamento unha rede galega onde se busca concentrar unha información multidisciplinar co respecto á cultura, economía, arte, política, etc galega. Adirección é:
http://belvis.as-pg.com/
3.- Se queredes escoitar aos escritores galegos na súa voz, podedes acceder, a través do Centro de documentación, buscando Asociación de escritores en lingua galega:
http://www.aelg.org/
4.- A obra "CRÁTER" de Olga Novo foi Premio de Crítica Nacional no ámbito do Estado español. Parabéns!
5.- O CPI de Pontecarreira quedou finalista no Manifesto do Correlingua 2012. Disfrutaron dunha fin de semana en Allariz cos compañeiros gañadores de Pontecesures. E recolleron o premio en Santiago. Aquí podedes ver "a foto de familia": http://www.correlingua.org/main.aspx
Ningún comentario:
Publicar un comentario