bibliotecaescolar@gmail.com

21 marzo 2014

ILUSIÓN..!!!

Estes días andamos moi, moi atareados nos recreos...entre os deportes e os torneos que preparan os alumnos de 4º de ESO con profes e alumnado, a preparación dos monólogos (que xa estamos desexando ver se poden superar aos do ano pasado..difícil, oh!)... a maiores estivemos preparando e grabando os vídeos que enviamos ao concurso da ONCE de este ano. 

Tivemos que facer un video onde reflexar a ilusión! Pouca cosa, xa vedes!!! Pois penso que o conseguimos "bastante ben"!!! (modestos...non somos...,)))). 

Ademáis tivemos que reflexionar e escribir un decálogo sobre o que, para nós, é a ilusión, como se reflexa nas cosas cotiás... Xa estamos dándolle voltas á cabeza para ver cómo aproveitarlos porque son realmente fermosos. Estade atentos!!!

Polo de agora disfrutade dos vídeos que enviamos ao concurso:

Este é o de 1º e 2º de ESO.  Sentides tamén como pasan a ilusión duns a outros?...e a cor negra transfórmase en tódalas cores brillantes!!

video

E os alumnos de 3º e 4º...qué ben o fixeron tamén! Noraboa a todos e grazas polo traballo, un pouco "contrarreloj" ...,))))), pero as veces paga a pena!

video







3 comentarios: