Esta semana tivemos un Obradoiro moi, moi interesante cos alumnos de 1º e 2º de ESO para aprender a facer papel de xeito artesanal.
E, como unha imaxe vale máis que mil palabras...as veces...pois aquí deixámosvos unhas fotos do proceso para que podades ver.
O mellor de todo é que esta é a primeira parte dun obradoiro un pouco máis longo. Agora temos o material, o que ela chamou "maletas viaxeiras", para poder seguir facendo papel durante un mes e logo voltará para aprendernos a facer libretiñas cos nosos papeis e cun cosido tradicional chamado "cosido xaponés". Xa vos iremos contando e mostrando os resultados.
30 abril 2014
Lendo aos máis peques...
Os alumnos e alumnas de 5º de primaria pasámolo moi ben durante o noso tempo na biblioteca léndolles aos máis pequenos. Mirade o resultado:
29 abril 2014
O NOSO HIMNO Á NOSA BIBLIOTECA
Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria participantes no programa VOLUNTARIADO DE LECTURA -A propuxémonos a creacion dun "poema" adicado á nosa biblioteca.
Aquí vos deixamos o resultado, pero tamén vos dicimos que estamos traballando cos nosos profes de música, Fran (primaria) e Jorge (secundaria) e tamén co profe Anxo (profesor de bioloxía de secundaria pero un gran aficcionado á música que toca o acordeón coma ninguén) para musicalo. En breve estará listo!!!
Himno da biblioteca
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Nela hay libros
e tamén un vixía
chámanlle librato
e é un rato.
Xunto con Librato
están os profesores
que fan cumplir as normas
aos bos lectores
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Se vas á biblioteca
as normas debes cumplir
e para recordarchas
ímolas repetir
Está prohibido
comer e beber.
Coloca o marcador
no sitio do libro que les.
Non fagas barullo
pois á sente molestarías
se ves un libro roto
lévao pronto á enfermería
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Os alumnos de sexto
un peto azul levan
os libros prestan
e despois ordenan.
Os alumnos de quinto
co seu peto verde
aos pequeniños lles len
ao mesmo tempo que o pasan ben
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Recomendaranche libros
Cada quince días
de medo, aventuras
e ata de espías.
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Na porta da biblioteca
un semáforo verás
coas súas tres cores
o horario saberás:
Verde: está aberta.
Laranxa: a piques de cerrar
Vermello: por hoxe non veñas máis.
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
Se fóra no recreo
non che apetece xogar
sumérxete nos libros
e, a disfrutar!!!!
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca
23 abril 2014
21 abril 2014
MOMENTOS LECTORES
Co motivo da celebración do DÍA DO LIBRO propoñémosvos unha idea moi orixinal; trátase de que nos digas ONDE LES para reflexar os MOMENTOS LECTORES dos "habitantes" do CPI PONTE CARREIRA: alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e familias.
Pódese ir vendo os resultados clikando na seguinte imaxe
Pódese ir vendo os resultados clikando na seguinte imaxe
10 abril 2014
O que pode facer unha rapaza de 16 anos...
Por favor, non vos perdades o seguinte artículo. E de paso botade unha ollada aos outros interesantes e curiosos artículos deste blog:
Unha rapaza de 16 anos...
Unha rapaza de 16 anos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)