29 abril 2014

O NOSO HIMNO Á NOSA BIBLIOTECA

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria participantes no programa VOLUNTARIADO DE LECTURA -A propuxémonos a creacion dun "poema" adicado á nosa biblioteca.
Aquí vos deixamos o resultado, pero tamén vos dicimos que estamos traballando cos nosos profes de música, Fran (primaria) e Jorge (secundaria) e tamén co profe Anxo (profesor de bioloxía de secundaria pero un gran aficcionado á música que toca o acordeón coma ninguén) para musicalo. En breve estará listo!!!


Himno da biblioteca
  
Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Nela hay libros
e tamén un vixía
chámanlle librato
e é un rato.

Xunto con Librato
están os profesores
que fan cumplir as normas
aos bos lectores

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Se vas á biblioteca
as normas debes cumplir
e para recordarchas
ímolas repetir

Está prohibido
comer e beber.
Coloca o marcador
no sitio do libro que les.

Non fagas barullo
pois á sente molestarías
se ves un libro roto
lévao pronto á enfermería

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Os alumnos de sexto
un peto azul levan
os libros prestan
e despois ordenan.
 
Os alumnos de quinto
co seu peto verde
aos pequeniños lles len
ao mesmo tempo que o pasan ben

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Recomendaranche libros
Cada quince días
de medo, aventuras
e ata de espías.

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Na porta da biblioteca
un semáforo verás
coas súas tres cores
o horario saberás:
Verde: está aberta.
Laranxa: a piques de cerrar
Vermello: por hoxe non veñas máis.

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Se fóra no recreo
non che apetece xogar
sumérxete nos libros
e, a disfrutar!!!!
 

Non é librolandia
tampouco bibliteca
é tan sinxelo
como biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...