Hoxe tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".
25 febreiro 2015
Unha marabillosa experiencia
Unha xornada especial reuniu o 13 de febreiro a alumnos, ex-alumnos e profes para unha xuntanza innovadora.
Aínda que esta vez os que levaban a voz cantante foron María , Daniel e Alba Mariña, rapaces que estiveron con nós fai anos e que hoxe en día xa camiñan sós.
Estes ex-alumnos contáronnos o que foi das súas vidas nestes anos despois de deixar o noso centro. Profes e alumnos escoitamos entusiasmados: María amosou a súa ilusión polo soño cumprido de empezar os seus estudos en Medicina; Daniel chegou convertido nun empresario gandeiro e filósofo da vida e Alba Mariña desbordou "con arte" as súas dotes de comunicación para cos rapaces.
O tempo pasou voando e os espectadores que alí estabamos gozamos da sabiduría, do saber estar e das risas dos nosos relatores. Alumnos e profes vimos como o que se sementa se recolle!
Deixámosvos unhas fotos e repetiremos a experiencia nuns anos!!

24 febreiro 2015
Día de Rosalía 2015
Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo fixemos varias actividades. Entre todos os alumnos fixemos un fermoso mural con escollas dos seus poemas e pop-arts da súa caricatura.
Algún alumnos deleitáronnos coa lectura de poemas da autora durante toda a semana. Para rematar a actividade bailamos o "Meregue Rosalía", tan fantasticamente versionado pola orquestra Charlestón Big Band

"Eu tamén son Rosalía"
Hoxe conmemoramos co Día de Rosalía de Castro o aniversario do nacemento da autora. Ata podemos atopalo en Google.

Dende Pontecarreira, alumnado voluntario de secundaria, gravou este fermoso video, onde, coas súas propias palabras, berros e xestos, defenden o amor ao seu, a súa lingua, ao seu entorno, aos seus soños, á defensa das inxustizas cercanas e globais...
O video estará colgado na web AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Dende aquí tamén animan á cidadanía a que, nesta data, agasallen cun libro en galego e unha flor, así que...animádevos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)