25 febreiro 2015

Unha marabillosa experiencia

Unha xornada especial reuniu o 13 de febreiro a alumnos, ex-alumnos e profes para unha xuntanza innovadora.

Aínda que esta vez os que levaban a voz cantante foron María , Daniel e Alba Mariña, rapaces que estiveron con nós fai anos e que hoxe en día xa camiñan sós.

Estes ex-alumnos contáronnos o que foi das súas vidas nestes anos despois de deixar o noso centro. Profes e alumnos escoitamos entusiasmados: María amosou a súa ilusión polo soño cumprido de empezar os seus estudos en Medicina; Daniel chegou convertido nun empresario gandeiro e filósofo da vida e Alba Mariña desbordou "con arte" as súas dotes de comunicación para cos rapaces.

O tempo pasou voando e os espectadores que alí estabamos gozamos da sabiduría, do saber estar e das risas dos nosos relatores. Alumnos e profes vimos como o que se sementa se recolle!

 Deixámosvos unhas fotos e repetiremos a experiencia nuns anos!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...