18 abril 2015

Semana do LIBRO

A semana do 17 ao 24 de abril imos celebrar por todo o alto, o baixo e máis alá..." a Semana do Libro. 

Xa comenzamos cos preparativos para ir "poñendo ghuapo" o cole e organizando as actividades que imos realizar.  Aquí tedes un avance  "do que podemos contar...e do que non!!!":





Para esta festa empezaremos por decorar o panel de información de biblioteca da entrada ao centro para divertirnos cun Photocall o Día 23. Os profes dos distintos departamentos encárganse de seleccionar e imprimir unha selección de portadas de libros dos seus departamentos que podedes atopar na biblioteca. Os alumnos serán os responsables do slogan. Xa o venres 17 fixeramos a primeira xuntanza...pero foi tanta e de tanta calidade a representación e propostas que non dimos rematada a actividade!!! Non vos preocupedes, temos uns días para poñelo en marcha. 

Tamén levades "traballo" para a fin de semana. Buscade o voso libro preferido, o que queredes compartir con nós e mandade unha foto con él ao noso correo de biblioteca. Podedes disfrazarvos, preparar unha pequena escenografía ou buscar un obxecto co que relacionedes o libro e... foto!!! Compartiremos no blog as vosas recomendacións e coñecerémosvos un pouco máis aínda...porque...."Dime con quen andas....;)))))

O martes e o mércores temos "actividades sorpresa"!. Tan só podemos dicir...que xogaremos coas palabras e as imaxes.  Precisades: tesoiras, pegamento, lápiz e pinturas ou rotuladores e sobre todo...moita, moita imaxinación e creatividade!!! Non vos preocupedes, non estaredes sós, serán  actividades en parella.

O xoves é "O Día grande da FESTA" !!! O 23 de Abril sacaremos a pasear algún dos noso libros preferidos e  farémonos fotos cos homenaxeados e máis cos nosos amigos e compañeiros. Agasallarémosnos cunhas imaxes para lembrar esta data celebrada mundialmente.

E para seguir cos agasallos durante todo o ano, mercaremos un libro especial, en branco, que colocaremos na entrada á nosa biblioteca para que de agora en adiante poidamos deixar alí escrito todo aquelo que escribamos, redactemos, pensemos, atopemos nun libro, unha cita importante...e que queiramos regalar aos nosos compañeiros de agora e aos que están por vir. Será un libro vivo,  que medrará con vós, aberto ás vosas lembranzas, sonos, pensamentos, dúbidas, queixas, experiencias ao fin e ao cabo. Ese si que será un bo agasallo para o Centro!

E por último, xa sen data, organizaremos grupos para que grabedes os vosos pequenos videos recomendando un libro e que colgaremos no noso blog. Teredes que ser vós os que preparedes a escenografía, os encuadres, o guión, repartir os  papeis do equipo de grabación, montaxe, etc. Xa sabedes que estaremos por alí para axudarvos se o precisades...pero estamos seguros que seredes capaces de facelo sós...e sorprendernos!!!

Pois de momento...esto é todo amigos! Que comence a FESTA!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...