20 maio 2015

FRAN BUENO visita Pontecarreira

O pasado venres, e antes de celebrar a VII Romería Galega co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos no cole ao ilustrador Fran Bueno.





Autor galego de cómic, de fama e prestixio nacional (gañador entre outros do Premio Castelao de cómic 20113) e internacional (foi o primer galego con produción periódica no mundo do cómic americano).

Como gran profesional, amosounos as diferentes partes implicadas na creación dun cómic (desde a idea, o guión, o debuxo a lápiz, o entintado, a cor...). Un mundo complexo que descoñecíamos e que hai detrás dos grandes cómics para conseguir un bo resultado. Ese que agora comprendemos, apreciamos e valoramos mellor.

E, sobre todo, compartimos a súa xenerosidade ao valorar e recoñecer a todos os profesionais que participan nesta creación plástica. Fran foi quen de estimular aos rapaces da importancia do traballo en equipo, da suma das diferentes aptitudes e capacidades de cada un, da importancia da palabra e da imaxe, da importancia en suma da formación-información que cada un vai recopilando na súa vida e que logo expresa como mellor sabe. E él ben que o sabe facer!!!

Deixámosvos un pequeno video da súa visita na biblioteca, e, sobre todo, a invitación a que disfrutedes tamén de todos os bos cómics que temos nela . Como sempre, a clave é...DISFRUTA A LECTURA!!


Nos seguintes enlaces podedes atopar información máis completa sobre o cómic en Galicia, en España...e no mundo mundial!!!


E para comezar a debuxar e divertirse dunha manera sinxela aquí tedes unha serie de páxinas para crear cómics online ( a maioría non precisa inscribirse). pero lembra que ti eres quen de crear o teu propio cómic con tan só un lápiz, papel e o mellor de todo...a túa imaxinación!:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...