29 xaneiro 2016

ULINDO !!!

Que é o aroma? E o cheiro???

Estas foron as dúas preguntas que nos fixeran antes de comezar coa actividade. O aroma, segundo a Real Academia Galega é " cheiro agradable de certas substancias". E o cheiro é a emanación de moléculas de substancias de certos corpos, que produce unha determinada sensación no olfacto".




Con estas dúas premisas e uns botes con mostras de diferentes aromas fixeramos un divertido xogo, proposto polo departamento de Física e Química, para intentar distinguir e localizar 14 aromas diferentes. Todo o alumnado e o profesorado estivo moi interesado, concentrado e con gañas de aprender! 

E finalmente, as nosas gañadores foron---María e mais Lorena de 1º ESO. Parabéns rapazas!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...