A todos encántanos ver libros novos, as portadas cheas de cor, os títulos suxerentes de autores coñecidos e descoñecidos, os exemplares do último libro da miña autora favorita...
As veces non é sinxelo achegarnos a unha librería preto de nós, así que: "....se Mahoma non vai á montaña...."
Foi un verdadero pracer ver cómo saían desas maletas viaxeiras os exemplares seleccionados con mimo por esta librera, enamorada do seu traballo e dos libros.
Pronto chegaron os alumnos e alumnas, achegándose tímidamente a observar a esos "intrusos" na biblio, atraídos polas portadas e a voz cálida de Lola.
E despois todos xuntos, mirando e elixindo un daqueles exemplares que vos chamaran a atención, polo motivo que fose: o tema, o título, o formato, o xénero...
Sentámonos a compartir un bo rato de suxerencias, agarimo polas historias, polos autores, pola selección e importancia das editoriais ...
Coñecimos a historia de Shackelton, a importancia de recoñecer certas emocións, a nena que escribiu unha carta a raíña porque o seu irmán tiña cancro, a diferencia entre o cómic e a novela gráfica, as reseñas...
E finalmente lanzámonos en busca de aqueles exemplares que non queriamos deixar escapar xa da biblioteca, que queremos descubrir, ler, reler, observar e descubrir nestes días. A por eles!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario