19 xaneiro 2017

MARILAR ALEIXANDRE ingresa na REAL ACADEMIA GALEGA






A





Comezamos este novo ano cunha boa nova. Marilar Aleixandre, bióloga e escritora, ingresou o 14 de xaneiro de 2017 na Real Academia Galega, pasando a ocupar a cadeira do falecido Xosé Neira Vilas. Ámbolos dous pasaron polo noso centro hai anos e deles temos un magnífico recordo, como escritores sabendo que contar e sobre todo, a nivel humano, como facelo.

Ten recibidos premios como o Merlín ou o Premio da Crítica por A expedición do Pacífico, o Lazarillo por A banda sen futuro ou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil por A cabeza de Medusa.

E como sempre...o mellor é pasar pola biblioteca e levar un dos seus libros...para coñecela mellor e poder reconocer o seu mérito.

Se queres tamén podes atopar máis información na súa páxina  na AELG : Biografía na AELG ou ler o seu   Discurso de ingreso na RAG. Por suposto, podes visitar o Blog de Marilar Aleixandre.

Que aproveite a lectura!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...