Xa está en marcha o V concurso de poesía TROITAS EN VERSO. Anímate a participar!!! Estas son as bases:
27 febreiro 2018
25 febreiro 2018
Visita de Ángel Carracedo
O día 19 de febreiro tivemos o privilexio de recibir na nosa biblioteca a D. Ángel Carracedo. Nacido preto de aquí, en Santa Comba, en 1955 é catedrático de Medicina Legal na USC, investigador e experto internacional en xenética. Membro da Real Academia Galega das Ciencias. Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) , o Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII, coordina varios grupos de investigación punteiros a nivel nacional e internacional...e moitas outras labores cientiíficas das que podedes atopar máis referencias no seguinte enlace: Ángel Carracedo
Pero, sen dúbida, o que imos lembrar do seu paso polo noso cole é que é UNHA BELLÍSIMA PERSOA! Cercano, agarimoso, humilde e cunha gran vitalidade e empatía co alumnado galego. Desde o comenzo, cando as alumnas de 4º de ESO decidiron contactar con el persoalmente mediante un correo electrónico...e, esa mesma tarde contestou aceptando e facilitando unha data cercana na súa impresionante axenda xa vimos que "non era normal". Porque, segundo nos dixo, aínda que as súas reunións, conferencias, viaxes e reunións con científicos e investigadores de todo o mundo ocupan gran parte do seu tempo, sempre intenta reservar un oco para achegarse aos centros de ensino e falar directamente co alumnado, trasmitirlles o seu amor polo traballo ben feito, polo esforzo necesario para conseguir os seus soños, para que loiten polo que cren e se poñan retos, para que sexan ambiciosos na busca de novos coñecementos para o ben común. Un exemplo de persoa compometida!
E recibímolo como mellor supimos, na nosa bilbioteca, con cercanía, admiración e compromiso de seguir os seus consellos. Quen sabe se algún día, algunha ou algún dos nosos rapaces estará nun dos seus grupos de investigación!! Sería estupendo que viñera a contalo!
De momento deixamos unhas imaxes e vídeos do seu paso por Pontecarreira. Grazas, moitísimas grazas, Ángel Carracedo!
- En diferentes momentos da charla:
vídeo 1 vídeo 2
- Compartindo unhas risas co alumnado de 4º. Momento especial!
vídeo 3 vídeo 4
E para coñecer outra faceta súa deixámosvos o enlace a varios artículos breves escritos na Voz donde poderedes apreciar a súa particular visión sobre temas tan variados como a nosa cultura ou a nosa retranca:
artículos
24 febreiro 2018
Día de Rosalía de Castro
1.- Colaboramos coa AELG (asociación de escritores e escritoras en lingua galega). Preme na imaxe e accederás ó contido de todo o que fixemos
2.- Lecturas de textos da autora
3.- Bailamos o Merengue Rosalía
21 febreiro 2018
Concurso Namorémonos
O noso alumnado amosounos os seus sentimentos no concurso "Namorémonos"
E estas son as gañadoras!!! Xa que había moi boas e fermosas tarxetas decidimos outorgar máis premios ca os establecidos nas bases do concurso. Nos vindeiros días recibirán o seu merecido agasallo.
07 febreiro 2018
Lectómetro: 1º trimestre

Aproveitamos a celebración do DÍA DA PAZ para entregar os premios do primeiro trimestre. Os gañadores son Noelia (1º), Saray (2º), Bruno (3º) e Hugo Martínez (4º). O alumnado de 5º e 6º non participou nestre primeiro trimestre, pero xa o está a facer para o segundo.
06 febreiro 2018
Contacontos Kalandraka
O pasado 2 de febreiro o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria disfrutamos, un ano máis, dunha sesión de contacontos da editorial Kalandraka. Os encargados de facénolo pasar tan ben foron Sara e Álex. Se queres velo.... preme na imaxe
Os Bolechas e o Entroido
Queres pasar un anaco divertido neste Entroido? Os Bolechas axudaranche a que así sexa. Preme na imaxe e verás actividades varias: xogos, contos, cancións,... do Entroido galego.
02 febreiro 2018
Día da Paz
Día da paz...día de compartir toda a comunidade educativa (primaria e secundaria) chiculate con churros...Madia leva!!!
E unha vez "contentos" e almorzados...en secundaria limos xuntos, en proxecto lector, textos seleccionados polo alumnado relacionado coa paz e cantamos unha canción. É unha canción orixinal de Bob Marley, pero aquí está interpretada por diversos músicos alternativos e artistas da rúa en diferentes partes do mundo como parte do movemento "Playing for a change". Baila ti tamén!
E aquí deixamos unha escolma de textos relacionados coa paz que recolleron os nosos compañeiros do IES San Paio. Grazas por compartir!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)