
En Educación Primaria estamos levando a cabo un concurso de lecturas trimestrais. Trátase dun LECTÓMETRO individual, no que cada vez que leamos un libro coloreamos un deste lectómetro, e aquel alumn@ de cada curso que o teña máis longo ao finalizar o trimestre recibe un pequeno agasallo.
Aproveitamos a celebración do DÍA DA PAZ para entregar os premios do primeiro trimestre. Os gañadores son Noelia (1º), Saray (2º), Bruno (3º) e Hugo Martínez (4º). O alumnado de 5º e 6º non participou nestre primeiro trimestre, pero xa o está a facer para o segundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario