16 marzo 2018

Benvida a Pontecarreira, Charo Pita

Este ano queremos achegar a ciencia, a literatura, a arte, etc. á nosa biblioteca, ao noso centro. 

O pasado luns visitounos a narradora oral Charo Pita. Un auténtico pracer escoitar os seus "contos tradicionais", fora do "mundo Disney" como ela dixo e que atrapounos desde o primer momento. Historias truculentas, de amor, feministas, do poder e reivindicación da muller, como non podía ser doutro xeito nestes días. 



Escoitamos tamén varios contos de dilema, contos para falar, para conversar, para reflexionar, para dar a nosa opinión e escoitar a dos demáis, para posicionarnos...como toda a vida se fixo na narrativa oral.


Gozamos moito desa tarde de escoita e participación! Grazas Charo Pita!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...