23 abril 2018

Día do libro: presentación do noso "Arte e literatura"

Este ano celebramos o Día do Libro coa presentación dun moi especial: "Arte e literatura", deseñado polo alumnado de secundaria en varios días de proxecto lector, coa profesora Mª Dolores Zaerá, membro do equipo de biblioteca.



 




Durante varios meses seleccionaron textos nas catro linguas do cole (galego, castelá, francés e inglés) así como cadros fermosísimos de diferentes autores, estilos e procedencias pero cun eixe común: captados nese momento de estar gozando coa lectura. Non é casualidade, por certo, que casi todas  as imaxes atopadas sexan de mulleres illadas no seu mundo e devorando as palabras!!

O libro, realizado cunha coidada maquetación e deseño, foi presentado e lido brevemente entre todos e agora queda exposto para seguir atopando textos e artistas  que nos leven a querer coñecelos máis, a continuar lendo os seus libros , a buscar os seus cadros...en definitiva, a seguir gozando do pracer da arte e da lectura!!

 Deixámosvos unha pequena selección e pronto subiremos a presentación completa.














































Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...