25 maio 2019

Marabillosa visita de Lucía Aldao e María Lado..."Aldaolado"


O pasado xoves día 23 recibimos na nosa biblioteca de secundaria a visita das artistas María Lado e Lucía Aldao e foi unha experiencia marabillosa. En dúas sesións, unha para o alumnado de secundaria e outra para o de infantil e 1º e 2º de primaria, puidemos gozar do seu sentido do humor e da súa calidade artística coa voz e coa música.

En secundaria recitaron varios dos seus poemas acompañadas as veces pola guitarra de Lucía e despois, con versos libres repartidos entre o público crearon un poema que podedes disfrutar no enlace baixo as fotos.







Vídeo coa poesía creada polo alumnado e profesorado de secundaria





A última hora da mañana a biblioteca transformouse nun fermoso prado donde dúas ovelliñas, Engracia e Blanca fixeran as delicias de pequenos e grandes. Profes e alumnos estivemos moi atentos á historia e ás cancións destas dúas ovellas e a súa aventura coa loba, a serpe e demáis obstáculos que sortearon con éxito. Pasámolo moi ben!!







E por último un vídeo das ovelliñas cantando..,))))


Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...