bibliotecaescolar@gmail.com

08 enero 2012

Feliz Ano!

Comezamos este 2012 cos mellores desexos para todos!!! 


Despois deste merecido descanso de Nadal, as portas do Centro, e por suposto as da Biblio, estarán novamente abertas  para permitirnos atopar dentro un "inxente" caudal de experiencias, coñecementos, encontros e reencontros...

Por desgraza, este pasado día 5 de xaneiro, finou un dos máis queridos e recoñecidos intelectuais de Galicia: Isaac Díaz Pardo.

 Naceu en Santiago de Compostela en 1920. Durante a Guerra Civil, o seu pai foi fusilado polo que tivo que agocharse sendo moi novo. Cursou estudos de arte e foi profesor da Escola de Artes de Barcelona. Para a maioria é reoñecido como o fundador da fábrica de Cerámicas do Castro, Sargadelos, o museo Carlos Maside (en Sada) ou a editorial "Edicións do Castro". Foi un recoñecido pintor, ceramista,  escritor de ensaio e crítica, ademáis de escribir numerosos artigos na prensa. Pero o que máis cabe salientar de Isaac Díaz Castro foi o seu amor a Galicia e a súa bonhomía.

Como adelanto podedes ver este trailer do documental "ISAAC" que temos na biblioteca esperándovos. Que o disfrutedes! Paga a pena!




No hay comentarios:

Publicar un comentario