07 febreiro 2012

Descubre cos compañeiros de 4º de ESO... "Odisea 2012"

Un ano máis os alumnos e alumnas de 4º de ESO que elixiron como optativa Cultura Clásica participan no concurso que organiza a Sección Galega da Sociedade Española de  Estudios Clásicos, Odisea 2012.




É unha modalidade de concurso por equipos, cun máximo de tres membros en cada un deles.
Nesta edición o tema que centra o concurso é "As viaxes no mundo grecorromano".




O concurso celebrarase no mes de febreiro. Os días 6,7 e 8 de febreiro deberemos responder a tres preguntas que versarán sobre temas relacionados coa Cultura  Clásica:

- 1º día as preguntas serán sobre as viaxes na mitoloxía grega e romana.

- 2º día versarán sobre as viaxes na vida cotiá en Grecia e Roma.

-3º día serán sobre as viaxes na Historia e institucións grecolatinas. 

No cuarto día sairán publicadas outras "preguntas-pistas" e un "preguntón", de maior dificultade, sobre as viaxes na literatura grecolatina.

Na fase local están establecidos tres premios en metálico. Os equipos gañadores competirán entre si nunha segunda fase estatal, para a que se establece un único premio en metálico de maior cuantía.

Aquí podedes atopar os Centros de Galicia que participan no concurso:


Ánimo aos concursantes e moita sorte !!!

1 comentario:

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...