
Recoñeces a imaxe? Atopáchela xa ??...Unha pistiña...busca nas portas da biblio...
Este é o cartel divulgativo que, como cada ano, chega para conmemorar a data do 24 de Octubre, Día das Bibliotecas Escolares. Este ano a ilustración é de Patricia Castelao e o lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata
de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora de vós, os alumnos!
Polo de agora, achegámoste a Ciencia en papel...
e mellor aínda...en VIVO e en DIRECTO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario