15 outubro 2013

NORABOA!! O Premio Nacional de Poesía 2013 é galego!




Manuel Álvarez Torneiro acaba de conseguir o Premio Nacional de Poesía co seu libro Os ángulos da brasa editado por Factoría K.


Este libro xa fora recoñecido con Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.

Álvarez Torneiro (A Coruña, 7 de xullo de 1932) traballou como xornalista, e aínda que comezou a escribir poesía con 18 anos, a súa primeira publicación foi Memoria dun silencio, en 1982. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta.

Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan Rigorosamente humano ( 1995) e Luz de facer memoria (1999).

Parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!

A que esperas para lelo!! Aproveita e ven á sección de poesía da Biblio...está esperando por TI !


Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...