23 xaneiro 2014

2014!!! E Chegaron Os Reis a Pontecarreira!

Xa rematamos o primeiro mes deste novo ano e cos agasallos de Reis aínda sen entregar!!!

Ben, como a volta das vacacións sempre son..."duras"...decidimos deixar uns días máis para que puideses entregar as vosas "Cartas de Reis" para o concurso da biblioteca. Xa sabedes que tíñades que pedir "algo" que desde a nosa humilde posibilidade...

E cumpliuse!!! Por fin esta mañana descubrimos que a gañadora deste ano é Anxela Torres Lemos, de 1º de ESO! Parabéns!!! Unha boa presentación e un sinxelo desexo. Esperamos que o bolígrafo que le trouxeron lle guste e sobre todo que con el escriba todas esas boas historias que seguro ten na súa cabeza e que estamos desexando compartir...,)))



Aínda que non houbo moita participación esta vez, os que escribiron as súas cartas levaron tamén un pequeno agasallo, unha das libretas da biblioteca escolar, adicada este ano á ciencia, onde quizáis poidan ir escribindo xa novos proxectos, ideas, debuxos, fórmulas...para novos concursos. Estade atentos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...