28 xaneiro 2014

30 de XANEIRO, Día da ILUSTRACIÓN






Este ano por primeira vez a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do Día da Ilustración o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao.





Pero que é realmente un ilustrador





Poderíamos definilo como un artista gráfico que complementa a comunicación escrita mediante representacións visuais. Pode traballar en prensa, cómics, carteis ou de xeito máis creativo e personal en álbums  ilustrados (o que antes chamabamos "contos"). Un álbum ilustrado é un libro onde palabras e imaxes xogan e buscan implementar contidos e linguaxes. Temos moitos exemplos na biblioteca (sobre todo na de Primaria), aínda que tamén os vemos na de Secundaria e analizamos as súas imaxes en Plástica, non si?



En Galicia temos unha gran cantidad de ilustradores importantes, moitos dos cales pertencen a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), así que...a que esperas para botar unha ollada á páxina...Alí poderás atopar aos artistas que realizaron os carteis que ves pola biblioteca para conmemorar o Día das Bibliotecas escolares como: Miguel Anxo Prado (fixeramos unha entrada coa súa obra "Ardalén"), Oscar Villán, Almudena Aparicio,Marina Seoane, Enma Ríos, Patricia Castelao...e un montón máis que disfrutarás cando os coñezas.

Almudena Aparicio
David Pintor




E por último bota un ratiño mirando o blog de Marián Lario onde, en cada entrada, disfrutarás dunhas fermosísimas imaxes seleccionadas para acompañar a un texto moi completo onde esta ilustradora e profesora explica diferentes aspectos da ilustración: como xurden as ideas, materiais e técnicas, como facer un storyboard, como pintar a escuridade...suxerente verdad...pois adícalle un  tempiño a desfrutar da maxia dos álbums da man dos ilustradores!!! 








Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...