31 xaneiro 2015

Emocionante semana da Paz coñecendo a Malala

Deixámosvos aquí unhas fotos das actividades realizadas durante a semana en Secundaria. 










Divididos primeiro en grupos heteroxéneos coñecimos a historia de Malala Yousafzai, reflexionamos sobre as súas ideas e acudimos ao blog da súa Fundación para ver en qué proxectos traballan:



                    

Mentres tanto, na biblioteca outros grupos preparamos un libro xigante onde deixaríamos exposto o mapa cos países nos que traballa a Fundación de Malala e máis as reflexións recollidas polos compañeiros. Esto foi o que aconteceu o xoves:




E este foi o resultado desta actividade creativa!!!


E finalmente o venres (despois dun merecido chiculate con churros compartido cos compañeiros de Primaria...;))))), vimos todos xuntos o discurso que Malala deu nas Nacións Unidas, no ano 2013, tan só un ano despois de que a dispararan. Impresionounos a súa entereza e máis a súa seguridade en defender diante daquel auditorio os seus principios de paz, superación e loita sen descanso, coa súa voz como arma poderosa e valente. Reflexionamos sobre o poder da educación, de todas e todos, pero principalmente das mulleres e o medo dos terroristas e máis dos poderosos a ese empoderamento, pois só quen coñece e reflexiona pode exixir.


 

Unha semana moi enriquecedora e emocionante!



"A educación pode cambiar o mundo"














Ningún comentario:

Publicar un comentario

21M. DÍA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe recomendámoche...