bibliotecaescolar@gmail.com

27 enero 2015

MALALA

Achegámonos a data da celebración anual do Día da Paz .

 Este ano decidimos coñecer e recoñecer un pouco máis a Malala Yousafzai, esa moza activista pakistaní tristemente tiroteada por defender a educación para todos, mais felizmente recoñecida mundialmente con varios premios, entre eles o Premio Nobel da Paz en 2014.

Durante toda a semana imos repasar a súa biografía e mais algúns dos seus feitos. Repartirémonos por grupos, na biblioteca, en informática, en clases...e intentaremos acadar un resultado común (presetación, actividad creativa...) a final da semana e compartir entre todos o que xurdiu deste "encontro" con Malala.  

Subiremos fotos ao rematar.

De momento aquí tedes a webquest coa que imos comenzar a busca:

No hay comentarios:

Publicar un comentario